Este luns comeza a 13ª Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático que sentará as bases dun novo protocolo para a comunidade internacional. Os expertos alertan do crecemento do 'cinto tropical'.
Yvo de Boer, secretario executivo da UNFCCC
Delegados e científicos de todo o mundo abriron este luns a 13ª Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, en Bali (Indonesia), coa esperanza de elaborar unha folla de ruta para un acordo futuro, que se podería asinar en 2009, e que prepararía as bases definitivas para a anovación do Protocolo de Quioto de 1997.
O secretario executivo da Convención sobre Cambio Climático no Marco de Nacións Unidas (UNFCCC, nas súas siglas en inglés -creada en 1992), Yvo de Boer, afirmou que "por unha banda temos un claro sinal da comunidade científica que nos indica o que se debe facer e que se debe facer agora". "A miña pregunta para todos os ministros que se desprazaron até aquí é: Cal vai ser a vosa resposta?", sinalou.
Ademais, de Boer advertiu de que o fracaso do encontro suporía "a perda da fe" na capacidade de Nacións Unidas "para abordar o proceso".
Os Trópicos avanzan cara aos Polos
Por outra banda, no xornal inglés The Independent fanse eco dun informe científico publicado este luns onde se chama a atención sobre o crecemento do 'cinto tropical' (o espazo terrestre comprendido entre os dous Trópicos) cara ao norte e cara ao sur.
Os expertos descubriron que, nos últimos 25 anos, a rexión ecuatorial se estendeu ao redor de 172 millas, ou o que é o mesmo, uns 8,5 millóns de metros cadrados máis con respecto a 1980 teñen agora clima tropical.
A Prensa sensacionalista, sempre dándonos boas noticias.
"Os Trópicos avanzan cara aos Polos" ¡Manda carallo! E non será que os Polos derretense e van empapar os Trópicos?
Paréceme a min que o que lle vai a suceder a Kyoto é o cambio climático total.
Non me vai a dar tempo, nin a morrerme antes. Ou si?
E se me morro durante, pérdome o final.
Pois menos mal.
Lo de "Quioto" es magnífico...¡cosas de la "anormalización" lingüística!
A mí el cambio climático me trae sin cuidado, pues se trata de una farsa promovida por la izquierda para cubrir un vacío de discurso total por parte de los movimientos de izquierdas tras la caída del socialismo.
Por cierto, he de aclarar que los promotores de la reunión en Bali (¿no había ningún otro sitio menos lujoso y suntuoso más a mano que Bali?) tampoco parecen muy preocupados por el cambio climático:
http://www.libertaddigital.com...
"La ciudad indonesia de Bali acogerá del 5 al 15 de diciembre a representantes de 180 países para abordar de nuevo el problema del calentamiento global. La reunión está marcada por la constatación de que las emisiones de CO2 aumentan rápidamente a pesar del protocolo de Kioto y por la posibilidad de que quede relegado por otro tratado más global, del que formarían parte Estados Unidos y países emergentes como China e India. Los organizadores se han topado con el problema de que el aeropuerto de Bali no tiene espacio suficiente para todos los jets privados que pretenden llegar a la ciudad a pontificar sobre la necesidad de reducir las emisiones."
Gaviotero está de atar, como o seu pai espiritual Jimenez Losantos
http://gaviotero.blogspot.com/...
covsa friki arrecarallo, igualiño que o parvo de Raxoi, como nos imos rir estas eleccións...