Máis dun cento de persoas percorreron concentráronse ante a delegación da Xunta, onde leron un manifesto: "Non pedimos esmola nin trato privilexiado".
Máis dun cento de xitanos percorreron este luns á tardiña varias rúas de Pontevedra e concentráronse ante a delegación provincial da Xunta para reclamar "igualdade de dereitos, integración social e respecto á diversidade". O manifesto elaborado pola Asociación Pobo Xitano salienta que este colectivo "non pide esmola nin trato privilexiado, senón que di non á discriminación por nacer xitano".
O seu presidente, Sinaí Giménez, explicou que os asistentes á marcha actuaban como representantes "de máis de 30.000 xitanos de toda Galiza" procedentes da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago, Tui, Porriño, Pontevedra, Marín, Poio e outras localidades do país, "seleccionados para non sementar o caos" durante a manifestación, engadiu.
Entre os participantes na protesta había afectados polos derrubamentos das súas vivendas no poboado do Vao, pendentes aínda de realoxar.
"Desprezados polos políticos"
Giménez criticou ao termo da concentración que o pobo xitano en Galiza estea "desprezado polos políticos", aos que reclamou "medidas parlamentarias" que protexan a este colectivo da "discriminación social, laboral e de vivenda". Xa que logo, fixeron un chamamento ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para que se estabeleza unha canle "urxente e inmediata" de diálogo.
No manifesto tamén se verqueron críticas contra a Fundación Secretariado Xitano, á que acusan de xestionar mal os recursos do Fondo Social Europeo: "Para nada están a repercutir no pobo xitano e a súa integración real". Así mesmo, demandaron a Administración a posta en marcha de medidas de "discriminación positiva para acabar coa exclusión".
Ademais, queixáronse da actuación de varios concellos polas normativas municipais que regulamentan a venda ambulante. Neste senso, Sinaí Giménez sostivo que "intentan obstruír e limitar os postos de traballo". Tamén denunciou dificultades para acceder a promocións de vivenda pública como a proxectada en San Paio de Navia, en Vigo.
'Abonda xa'
Durante a media hora que durou o traxecto a pé dende o Recinto Feiral de Pontevedra até o edificio da Xunta, portaron varias pancartas cos lemas 'En contra do desprezo e a discriminación política', 'Non á discriminación laboral, social e de vivenda', 'En contra da violencia racista e discriminatoria, abonda xa' e 'Protección parlamentaria xa'.
Tamén corearon lemas como 'Abonda xa' e 'Pobo xitano unido', namentres alzaban as súas mans, cubertas con luvas brancas. A lectura do manifesto, a cargo do asesor da Asociación Pobo Xitano, Xosé Piñeiro, comezou cun minuto de silencio en sinal de repulsa ao atentado contra dous axentes da Garda Civil.
Tras permanecer durante 15 minutos concentrados, os manifestantes continuaron o seu percorrido en dirección ao punto de partida da marcha.
que non teñan tanto morro e nos intenten vender isto como algo racista, e que sexan eles os que poñan da sua parte.
aqui en Pontevedra xa o viamos vir....
http://breo.blogaliza.org/arch...
acabarán vindo de todo o Estado a pedir cartos, que traballen como todo o mundo e non veñan chorando, racismo con eles non pero caradura deles cós demais tampouco.
un saúdo.
O problema real é ese, que non lles da por traballar. Non é cuestión de racismo, pero e que a verdade é que os xitanos sempre dan problemas. Que veñen dun mundo conflitivo, vale. Pero logo pasan cousas coma aquela do home que atropellou á filla dun xitano (sen causarlle ningunha lesión) e este pegoulle un tiro. Non é normal. Poden falar todo o que queiran, pero que proben con feitos que queren levar unha vida normal. É que senón se se lles da un piso o desmantelan e venden o que poidan...
aqui en Pontevedra, fixéranlles casas hai unha chea de anos e venderon todo, o cobre, os sanitarios, as portas e todo o que puideron e voltaron a vivir nas chabolas....é un escándalo o que se pode ver por aqui, rapaces en bmw, audis e todo tipo de carros tuneados con pasta e pasta investida neles, cargados de xoias de ouro, sacando carros e carros cheos do carrefour cada sábado, fardando de cartos por calqueira esquina e logo saen na televisión pedindo esmola, que o Touriño lles pague unha casa "digna" e todo iso, en fin, un escándalo con maiúsculas o que está a acontecer en Poio, e o máis perxudicado, Luciano Sobral do B.N.G. que rematará desquiciado.
saúdos.
Eu discrepo un pouquechiño da liña xeral. Eu pediría non xeralizar casos particulares. Ante todo os xitanos son galegos, e como galegos teñen o dereito constitucional a unha vivenda digna, ó igual que a un traballo, educación e sanidade. Entendo tamén que en parte algo de culpa teran estes galegos da súa situación, pero tamén entendo que as administracións están fallando dende hai tempo, xa non só co pobo xitano, con moitos cidadáns. Os galegos temos dereito a manifestarnos e pedir unha vivenda digna, .... as administracións que se deixen de facer publicidade e que den vivendas a quen o necesite.
...racismo con eles non pero caradura deles cós demais tampouco.
Suscribo!!
Para ter igualdade de dereito hai que ter igualdade de deberes.
Teñen dereito a unha casa e teñen o deber de pagala, como os demais cidadáns.
Existe racismo, pero máis por parte deles, que nos ven como algo alleo. No noso caso non é racismo, en todo caso clasismo.
Ninguén despreza a Lola Flores ou a Paco de Lucía por ser xitanos. Temen ao que anda pola rúa e pódelle atracar, sexa ou non xitano.
Os costumes dalgúns deles poden molestar a toda unha comunidade. Se viven no teu edificio e traen a todas as horas da noite aos máis de 200 parentes, é coma se ponche unha discoteca ou un prostíbulo. Non é racismo. É incompatibilidade de costumes. Non é por ser xitano, é por ser molesto.
Creo que a minha consideración do que é o racismo é moi diferente da que se lé por aquí. Excepto o comentario de Tarelo (ao que aplaudo) os outros comentarios non deixan de ser máis que tópicos cun forte componhente racista. Isto de "non é por ser xitano, é por ser molesto" é como dicir "non contrato a esta muller non polo feito de que sexa muller senón porque pode quedar prenhada". Para min discriminación pura e dura (e racista claro que si). Evidentemente a extrema pobreza na que viven os xitanos na Galiza vai provocar moitos problemas de convivencia, iso vai ser así moito tempo. O que a min me gustaría é que comezásemos a esquencer tonterías como a de "eles prefiren vivir nas chabolas" ou "non traballan porque non queren" e comezásemos a preocuparnos de que no século XXI hai galegos e galegas que viven en chabolas e que só poden traballar en feiras ambulantes ou vendendo ferralla.
E por certo, Ghaviotero iso de relacionar ao povo xitano co impresentábel que matou a un home porque atropelara a unha cativa é exactamente o mesmo que acusar ao independentismo galego de terrorista porque hai uns cantos imbéciles que se adican a por bombas por aí. Non concordas comigo, niso?
Só ilustraba un exemplo, pero é que hainos a moreas. Tenden a tomarse a xustiza pola súa man, a trapichear con droga, a desmantelar vivendas e a roubar. Topicos? Si, pero certos en moitos casos.
Ti tan só dime: cantos xitanos coñeces que leven unha vida normal? Eu ningún, e mira que sei de bastantes deles. O problema non é que sexan xitanos, é que en moitos casos traen problemas. Isto é unha obviedade.
Encántame esta caridade de lixo, o que queira xitanos que os leve para a súa casa. Menos demagoxia e estupidez. E agora non veñades co racismo, cando eles son dos máis racistas que existen e retrógrados (virxinidade da muller, nenos que nos podes bañar, separación de sexos, etc., etc.). Costumes que van contra os dereitos fundamentais dunha persoa no século XXI. Senón lles gusta esta sociedade, a min hai moitas cousas que tampouco e teño que amoldarme a elas.
E dígo todo isto con experiencia e causa, xa que traballei un ano cunha comunidade xitana e os resultados foron moi cativos, por on dicir nulos.
Sempre foi un povo machacado pola historia. Pouco sabemos deles, por non saber non sabemos nin que teñen unha lingua propia. I eles tamén foron asasinados polos nazis como povo, pero dubido que teñan dereito a ningunha indemnización jejej..
Para condedecotobade: cando falas de "a extrema pobreza na que viven os xitanos na Galiza vai provocar moitos problemas de convivencia" fago acenos coa face, xa que quizaves teñan máis probeza uns rapaces senegaleses que levan eiqui tres meses, e estexan máis integrados os senegaleses coma colectivo co pobo xitano en 500 anos que levan na Galiza. Olla cara a comunidade camerunesa e caboverdiana en Burela.
Por certo, moitas chabolas son "fariseas" pero ó revés, por fora parecen míseras pero dentro teñen tv de plasma, estereos, lavadoras,etc...(por certo, sen pagar un patacón de electricidade)E teñen autos dun valor moi elevado que non reflicten esa "miseria"
A xente non teme cando á súa beira ven un senegalés, pero si cando aparece un xitano.
Di Tarelo: "Ante todo os xitanos son galegos, e como galegos teñen o dereito constitucional a unha vivenda digna, ó igual que a un traballo, educación e sanidade". Primeiro, os xitanos non se consideran galegos, son xitanos e desprezan ós que non o son chamándolles "payos" (sic), termo que na súa linguaxe ten unha connotación negativa e despectiva. Segundo: o dereito a unha vivenda digna é universal, pero se eu ocupo unha leira allea e edifico un chabolo, se o concello me bota, non me van realoxar en ningures, coma tampouco andarian a me procurar unha casa se non podo pagar a hipoteca. Ben, pero a eles si. Que me vai valedar??
O problema xitano radica precisamente nos xitanos,e tanto me ten que se acuse de racista ou non, cando emigramos a Suiza, Alemaña, Inglaterra... non houbo un "problema galego", ó contrario, houbo xente que se integrou e outra que non, pero eles son sinónimo en toda Europa de problema.
Non teñen vergoña e dame raiba que cos meus impostos se lles pague alugueiro e propiedade.
Señores dos gobernos, realoxen a esta xente preto das súas vivendas.
Eu alucino. "desprezados polos políticos". Jajaja. Pero cantos xitanos votan, ou cantos teñen DNI. Ou sequera cantos coñecen o nome dalgún partido político ou líder. É como se eu digo que me desprecian os ornitólogos...
Os primeiros que non se queren integrar son eles. Queren vivir en guetos, aillados o máximo posible dos payos. Como nunha comuna gippie. O problema que teñen (e temos), é que moitos deles en vez de vender colgantes como os gippies, ou cultivar cebolas, adícanse a delinquir. ¿Para que traballar 8 horas diarias como un payo? Simplemente pasando spiz ou atracando unha tendiña de vez en cando... Crense mais listos e o son. Ós payos non nos poñen pisos gratis, nin nos deixan conducir sen carnet. Se un payo destroza mobiliario urbán ten que pagalo (estoume referindo por exemplo a cando os aloxaron no Pazo dos deportes da Coruña, e non se lles ocurriu outra cousa que porse a cociñar enriba das pistas de atletismo, recén postas despois de 20 anos, co que houbo que volvelas a por cos cartos dos payos que relixiosamente pagan os seus impostos).
Cando eu era cativa, aló polos anos 80, ía ó meu colexio unha nena xitana. Vivía nunha chabola, seus pais non sabían ler nin escrebir, faltaba moito á escola, non tiña pra paga-los libros de texto, a pouca roupa que tiña cheiráballe a fume, ningún compañeiro quería xogar con ela...Logo déronlle á súa familia unha casa de protección oficial,xa non tiñan que vivir na chabola, mudou de colexio. Non sei que sería dela, supoño que casaría ós 15 anos por imposición paterna. Había outros nenos pobres naquel colexio público de extrarradio da miña nenez, pero ningún sufría tanta marxinación, tanto desprezo coma ela, tantos insultos. As nais dicíanlle ás súas fillas que non xogaran coa xitana, cando faciamos a roda ningunha quería darlle a man. Non comparto moitas das ideas dos xitanos: o machismo que impoñen ás súas mulleres e nenas, a súa propia autoexclusión, quizáis a súa vida desorganizada, máis cando me falan de xitanos e de xitanas, penso nos ollos tristeiros daquela compañeira e dáme mágoa, aínda agora.
E dio unha persoa que foi atracada en varias ocasións por xitanas con grande cabreo pola miña parte...
Por suposto excepción habelas hainas por todas partes. Pero estamos a falar do pobo xitano en xeral. ´
Tamén cómpre sinalar que os xitanos en Galiza non é igual que en Andalucía. Teño parentes que emigraron ó sur da península (en Estepona), e eles contábanme que aló os xitanos estaban moito máis integrados. Pero é que na Galiza non!
Claro, vai resultar que os xitanos en Galiza viven como Dios. Non poden alugar un piso nin ter un traballo asalariado (queiran ou non) viven de pensións non contributivas (como tantos outros galegos) e incluso pódense adicar sen problemas á venda de droga (algo moi galego por certo). Isa é a vida que eles queren verdade... porque querer auga corrente cando tenhen tele de plasma coches de alta cilindrada (que por certo será na vosa zona porque na minha eses coches fantásticos non se ven)? Igual algún de vós cambiaba a súa vida pola deles, verdade?
Cando dis que traballaches todo un ano con xitanos e que os resultados foron cativos que queres dicir, que lles ías ensinar a ser un bo galego con traballo, familia estruturada e até con carné do BNG? Pois claro que non tiveches éxito! Pero se miras cun pouco máis de distancia comprobarás que os xitanos como colectivo melloraron moitísimo o seu nivel de integración da man da mellora no seu nivel de vida e do seu nivel educativo (só tés que comprobar o descenso do analfabetismo xitano nos últimos anos). E non me vale de nada ese paternalismo estúpido de chamarnos demagogos aos que pensamos distinto e iso de "se queres xitanos lévaos para a túa casa" como dando a entender que ti es o único con conecemento verdadeiro sobre a cuestión xitana.
E por certo, un dos problemas maiores é que sempre os tratamos como colectivo pechado e nunca se artellan medidas individuais para que certos membros da colectividade podan "abandoala" se o quixesen. Isto é, todas as medidas son "casas para xitanos", "loita contra a droga nos xitanos". Nunca se estabelecen medidas nas que se traballe con individuos con nomes e apelidos capacitándoos para decidir o seu futuro máis alá da presión que podan recibir do propio grupo xitano e do resto da sociedade.
D
E digo eu que o feito de que non participen na política ou non tenhan DNI (cousa que non é certa) sería un bo motivo para que os políticos non se preocupen deles. Ese é o desprezo ao que se refiren...
Si, condedecotobade, lévaos para a túa casa. A miña experiencia foi con asuntos sociais, así que non botes a lingua a pastar antes de falar porque non tes nin idea do que dis. Os primeiros racistas son eles e non queren incluírse na nosa sociedade, se tes os oídos pechados para non ovir é o teu problema e si me dá para dicir o que penso deste grupo. Demagoxia barata é o teu, eu nin lles falaba en galego (porque non o falaban) nin se me ocurriu nunca falarlles de política. Así que non esbardalles.
Dame verdadeiro noxo que unha persoa como ti se permita o luxo de falar de dereitos humanos dende unha perspectiva abertamente racista. E dame mágoa que dende o nacionalismo galego mantenhamos posturas coma esa. No meu barrio sempre houbo xitanos, non fai falla que os leve eu, e nunca houbo problemas maiores que en calquera outra parte da cidade.
Eu creo que ranciadas fala desde a súa experiencia e polo que fala vese que condecotobabe non ten experiencia.
A teoría social é moi bonita pero a experiencia móstranos outra realidade.
Experimenta e dentro duns meses escoitarémosche. Que conste que hai lugares onde non hai ningún problema cos xitanos. Pero hai outros lugares onde si que os hai.
Racismo? Creo que están mellor tratados que outros colectivos inmigrantes: senegaleses, chineses, romaneses...
non existe un pobo máis difícil de integrar fa cultura occidental que o pobo xitano. Tódalas etnias, razas, pobos e culturas dos que hoxe chegan ó país teñen perfectamente interiorizado o mecanismo "traballar para gaña-la vida". Os xitanos non entenden que pra gaña-la debasn ter ningún tipo de emprego.
Ademáis, fai tempo que descubriron o rentables que son as políticas sociais: chorar un pouco que me den un piso e convertilo nun cocho ou destrozalo para vende-lo mobiliario. Non teñen remedio
Sr. Diego e outros, contan vostedes unha serie de mentiras! É mentira que os xitanos non entendan que para gaña-la vida debas ter algún tipo de emprego. Na vila na que eu vivo, os xitanos traballan, sobre todo na venta ambulante, venden allos, paraugas, roupa, calzado, etc. tamén os hai que se adican a recollida de chatarra. Os xitanos da miña vila recollen electródomésticos (metálicos) que os cidadáns, incivicamente depositan na rúa de xeito descontrolado e sen previo aviso a un servizo público de recollida do lixo privatizado que pagamos todos, constituindo o seu traballo, un beneficio para a sociedade non recoñecido.
Os xitanos o igual que os restantes cidadáns teñen o mesmo dereito a solicitar das administracións públicas que os axuden e lles garantan unhas mínimas condicións humanas que por si sos non son capaces de acadar. Respetando a cultura de cda quen as administracións públicas non deben facer discriminación algunha a ningún/ha cidadán por razón de sexo, raza, cultura, etc. Que vos vou decir.
Diego83, algúns cidadáns non entendedes que outros cidadáns poidan terdereito a unha educación, sanidade, un emprego, etc. dignos. As administración non cumpren cas súas obrigas hacia os colectivos sociais máis desfavorecidos. Algúns cidadáns (por desgraza cada vez máis) non amosan interese algún por axudar a terceiros (e moito menos os máis necesitados). Polos medios de comunicación, por exemplo, temos información abondo dos plans de estudio, sanidade, vivenda, etc. dos cidadáns , sen embargo ignoramos se existe algún plan de estudo, sanitario, vivenda, etc para colectivos que precisan unha atención máis especializada, dadas as súas condicións precarias en relación ca maioría social.
Os xitanos, coma españois, teñen o seu DNI, neso a administración pon o máximo interés (apara ternos a todos/as controlados/as) pero ¿que interese poñen as administracións, na escolarización (analfabetismo, fracaso escolar) dos colectivos máis desfavorecidos? Está en igauldade de condicións un neno que vive na Avda. de Vigo da cidade de Pontevedra que un que vive nun poboado de chavolas nas aforas da cidade? ten o neno culpa? Alguén é responsabel subsidiario? Se o pai dun neno se adica a labouras ilegais (a droga, por exemplo), e vive nunha infravivenda, é a solución (é de xustiza?)deixar a toda a familia sen teito, na puta rúa?
Eu non estou falando de razas e diferencias por este motivo, estou falando de igualdade de dereitos. Na cidadanía existen persoas, vagas, traballadoras, choronas, loitadoras, trapicheiras, narcos, pobres, ricas, que teñen a súa casa encochada ou limpa, que viven nunha infravivenda ou nunha urbanización de luxo, en ningun destes colectivos de pobres, ricos, suxos, limpos, ladróns e honrados, ... os xitanos son maioría, todos eles merecen unha vida do máis digna posibel, incluso os delincuentes e os presos.