ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Bráulio Amaro, membro de Causa Galiza

"O importante é que o pobo saiba das vantaxes de decidir por si mesmo"

Baixo o lema "6-D: pola autodeterminación, non á Constitución española" convocan unha manifestación nacional en Vigo para esta quinta feira.

A.Rodríguez - 11:20 05/12/2007

Dende o seu nacemento, o verán pasado, o movemento autodeterminista Causa Galiza xa mobilizou varios milleiros de persoas o pasado Día da Patria en Compostela. Dende aquela a organización, que xunta a varias entidades galegas, soberanistas de esquerdas, estivo organizando a súa estruturación comarcal. Esta quinta feira convocan en Vigo unha manifestación a prol da autodeterminación.

En Vieiros falamos cun dos membros de Causa Galiza, Braulio Amaro, que nos contou un chisco do que pensan facer no futuro e das principais reclamas da plataforma, no inicio da posta en funcionamento da súa estruturación comarcal.

Vieiros: Que resposta agardan ter nesta manifestación? Pensan xuntar moita xente?
Braulio Amaro: Tentamos recuperar a tradición galega das vellas manifestacións pola autodeterminación e queremos desenvolver un acto de protesta no que seguir esixindo ese dereito. Entendemos que a Constitución española impide aos pobos dos Estado Español, entre eles Galiza, exercer o seu dereito á autodeterminación.

Nós pensamos que todos os sectores nacionalistas e soberanistas de esquerdas deberan participar nesta manifestación, e, aínda que non son moi boas datas (en plena ponte), cremos que podemos ter unha resposta importante e moi ampla, do nivel da que tivemos o pasado 25 de xullo, ou se cadra superior.

Alén desta manifestación, que teñen pensado facer no futuro en canto á contestación ao proceso de reforma estatutaria en Galiza?
Aínda estamos en proceso, comezando... Iniciando unha andaina longa cuxo obxectivo concreto está no referendo estatutario, que até o de agora está parado, pero ha volver poñerse en marcha.

Agora estamos traballando nun proxecto que satisfaga os desexos e arelas dos nacionalistas e soberanistas, e tentar que conflúan todas as persoas nun núcleo central soberanista e galego, dando pasos pouco a pouco, con sentido común e con tranquilidade, porque debido ás diferenzas históricas dos distintos movementos e persoas que conflúen en Causa Galiza, non resulta doado facer un camiño conxunto.

En canto ás accións a desenvolver, imos traballar inmediatamente nas celebracións do 25 de xullo, e na presentación de Causa Galiza por todas as comarcas do país. Queremos facer unha campaña divulgativa para consolidarnos como a entidade que somos por toda Galiza. Esta terza comezaron as presentacións comarcais; xa nos tiñamos presentado a nivel nacional o pasado mes de xullo en Compostela, mais agora queremos chegar a todos os lugares do país, onde imos tentar explicar por que é necesario o exercicio do dereito á autodeterminación e que vantaxes lle aporta ao pobo o exercicio da soberanía propia. A isto nos imos dedicar nos primeiros seis meses do 2008, e despois a preparar os actos do 25 de xullo (a manifestación nacional que sirva para fortalecer máis o proxecto de Causa Galiza).

Pensa que alén dos partidos institucionais e as súas políticas, os únicos que están a se mover son certas plataformas cidadás ou movementos cívicos?

Os partidos políticos institucionais con representación parlamentaria están moi desprestixiados socialmente. Agora mesmo hai varios movementos importantes no país; por un lado están os movementos sociais e organizativos que están a se enfrontar a problemas concretos (a construción das vías do AVE, contra as explotacións mineiras, no Courel, ou contra Reganosa en Mugardos...), que son moi importantes para o país (e que tiveron o seu precedente na gran contestación á catástrofe do Prestige).

E por outro lado tamén está Causa Galiza, que tenta ser altofalante de estes problemas, do que acontece. Nace para dicir que isto está a acontecer por algo, que hai responsábeis e causas evidentes, moi claras. O que queremos é demostrar que todo mudaría se puidesemos decidir por nós mesmos; decidir o que queremos ser, onde queremos estar e a onde queremos ir. Isto plásmase no dereito á autodeterminación, e é preciso que a xente sexa consciente disto. Hai que facer un labor pedagóxico para que os galegos saiban que o que acontece si que se pode cambiar, coa participación a todos os niveis da vida social e política. Nós podemos ser soberanos, e daquela, ter a capacidade de decidir por nós mesmos.

Daquela, habería que revitalizar o traballo da rúa coas mobilizacións?
Hai que recuperar o traballo da mobilización popular, e hai moitos colectivos en Galiza traballando agora nisto, con moita capacidade de mobilización (como por exemplo algúns sindicatos). O que é preciso é analizar a situación do pobo traballador dende unha perspectiva transformadora, no marco da defensa dos dereitos nacionais do noso pobo.


4,57/5 (28 votos)

Comentarios (8)

Gaviotero #1 5/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menuda banda de botarates (subvencionados)...Destrozarán algo en la ciudad para salir en la tele y reunirán a los mismos cuatro gatos de siempre. Que, por supuesto, Vieiros y demás los contarán por miles...

diego83 #2 6/Decembro/2007 diego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cando un está tan metido no mundillo facha a realidade se ve distorsionada porque se ve según ó que un está acostumado. CAndo a avt, falanxistas, pp e demáis colegas saen á rúaa os medios franquistas multiplican as cifras reais por 3 e agora ti pensas que todo o mundo que se manifesta usa os mesmos métodos. Non hai necesidade de facelo, non todo o mundo é tan miserable.
Se van 100 serán 100 e se van 1000 serán 1000. Os neofranquistas dades máis pena que asco

diego83 #3 6/Decembro/2007 diego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ademáis o dereito á autodeterminación exioste e existirá ata que so haxa un só pobo sobre a terra. todo pobo ten dereito a elixi-lo seu futuro. a negación deste feito é totalmente antidemocrático e ilexítimo

Roi_Batti #4 6/Decembro/2007 Roi_Batti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes, quitando a pintiña que traen, son inofensivos (ata parviños útiles casi),
O colegas de gaviotero, son UNS ELEMENTOS DE CUIDADO, que se cargaron o outro día a un chaval en madrid.
A ver cando se ilegalizan os partidos que non condeen a violencia nacionalsocialista, nacionalcatólica ou fascista...
... E non vale calar.
Condenas gaviotero, ou mellor te ilegalizamos por ser un terrorista neoliberal?

Maeloc-do-Rouco #5 6/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ja o BRUTINHO do Gaviotero tem que insultar. Nom e quem de acalmarse e entrar no debate acougado cos seus argumentos e a suas legitimas (e obvio que ele assim o entende) ideias de superioridade do eixo castelhano-andalu na Peninsula Celtiberica(suporte cultural-nacional do Estado Espanhol)... Sabedes por que insulta A QUEM NOM O INSULTOU?? Porque nom gosta das ideias politicas que nom concordem coa sua...Por isso insulta, mente, desbota o debate sereio e civilizado e opta polo "sable verbal" (a tradizom iberica por desgraza foi ainda bem alem) e demais BRUTALIDADES e PAIFOCADAS nas que decote sobre-sai...Insultar e des-respectar de balde as legitimas opinions alheias?? FASCISMO

papuxa70 #6 6/Decembro/2007 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sorte que en Vigo vive máis xente ca Gabi-otero e os seus colegas do tiro na caluga.

mceleiro #7 6/Decembro/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os Aduaneiros sem fronteiras tinham num dos seus desenhos o "Gerador de poesia galega" muito bom. Mesturava aleatoriamente versos de poetas galegos e saia "algo" que se parecia aos livrinhos que os nossos escritores institucionais escrevem.

O gaviotero faz o mesmo. É um robot de criação aleatória de comentários. A partir das palavras dos da COPE gera comentários em Vieiros (gente, gentuza, subvencionados, hijos de puta, mierdas, cuatro gatos, gallegos, terroristas, fusilar, tiro nuca, encarcelar, matar, demócratas, gente de bien, España, España, españoles...)

Eu já não sei se é um zumbado que expulsa o seu odio em Vieiros, ou um virus informático.

ManoelGalego #8 17/Xullo/2008 ManoelGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Saiba porque o idioma galego é português

1ª Porque portugueses e galegos têm a mesma origem humana?

O Reino da Galiza tinha um povo com origem comum com idioma próprio desde o século IX e correspondia aos territórios que hoje fazem parte a Galiza, províncias vizinhas galegofalantes e Portugal até ao rio Tejo. A cidade de Santarém era o território a sul do Reino da Galiza onde começavam o Reino muçulmano.

2ª Qual o motivo da independência da Galiza a sul do rio Minho e a criação de Portugal?

Na época o Reino da Galiza era dependente do Reino de Leão Afonso VI e este entregou o governo das terras galegas a sul do rio Minho ao primo do Rei da Galiza Conde D. Henrique, criando assim o Condado Portucalense separando-o do Reino da Galiza, para prestar vassalagem directamente ao Reino de Leão, o que provocou um grande descontentamento entre a nobreza galega.
Os galegos a sul do rio Minho não se queriam separar dos do norte para dependerem directamente do Rei de Leão. O cidadão galego D. Afonso Henriques apoiado pela nobreza galega revoltou-se e nascia, em 1139, o Reino de Portugal e a sua primeira dinastia, com o Rei Afonso I de Portugal (D. Afonso Henriques). Só a 5 de Outubro de 1143 é reconhecida a independência de Portugal pelo rei Afonso VII de Leão e Castela, noTratado de Zamora, assinando-se a paz definitiva.

3ª Como a sul do rio Tejo a população tem origem galega se nunca foi território do Reino da Galiza?

Os galegos do sul do rio Minho comandados pelo cidadão galego D. Afonso Henriques primeiro Rei e fundador de Portugal conquistaram aos muçulmanos todos os territórios a sul do rio Tejo que fazem parte do Portugal de hoje. Após as conquistas esses territórios foram povoados por galegos. Mais tarde as ilhas dos Açores e Madeira foram descobertas desabitadas e foram povoadas por portugueses que na verdade são galegos que mudaram de nome após a independência.

4ª Porque o idioma que os portugueses falam é conhecido por português e não por galego?

O idioma galego teve setecentos anos comuns a Portugal e Galiza de existência oficial como língua culta e plena, mas as derrotas que os nobres galegos sofreram ao tomar partido pelos bandos perdedores nas guerras pelo poder em finais do século XIV e princípios do XV provoca a assimilação da nobreza galega e a dominação castelhana, levando à opressão e ao desaparecimento público, oficial, literário e religioso da língua até finais do século XIX na Galiza. São os chamados "Séculos Escuros". O galego em Portugal, por seu lado, durante este período gozou de protecção e desenvolvimento livre, graças ao facto de Portugal ter sido o único território peninsular que ficou fora do domínio linguístico do castelhano. Após a criação do Reino de Portugal o galego começou a ser chamado de galaico-português ou galego-português. Durante os "Séculos Escuros" de opressão castelhana o idioma galego foi extinto oficialmente na Galiza e imposto a castelhano. Só nos meios rurais e familiares continuou a ser falado. Os galegos foram desalbefabetizados no seu idioma materno e bombardeados com o castelhano. Pelo contrário os portugueses durante esses séculos tiveram a maior expansão da sua História, a língua que falavam era a usada nas transações comerciais por toda a África oriental e ocidental, Brasil, Canadá atlântico, Índia e toda a Ásia incluíndo o Japão e China. O idioma que os portugueses falavam por todos os continentes era o galego-português, mas estava extinto na própria Pátria Galega por isso começou a ser olvidada a palavra galego restando só português como o nome do idioma.

5ª Porque a RAG nos está a criar um novo idioma com norma escrita diferente se o galego com desenvolvimento livre foi conservado pelos portugueses?

É uma questão meramente política. O receio que alguém ainda tem que a Galiza com um idioma de valor internacional se torne independente. O português/galego é o idioma oficial de 8 países, na União Africana, no Mercosul e na União Europeia. É a língua materna de mais de 300 milhões de pessoas de países de todos os continentes do mundo.

O “portuñol” da RAG não tem qualquer futuro e é uma arma para destrocer e destruir o que resta do galego na Galiza. Na verdade o galego do século XXI é o português tudo o resto é política de destruição da nossa cultura e idioma materno.
Veja estes filmes:
http://br.youtube.com/watch?v=...

http://br.youtube.com/watch?v=...

http://br.youtube.com/watch?v=...

http://br.youtube.com/watch?v=...

http://br.youtube...

http://br.youtube...

http://br.youtube...

http://br.youtube...

http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe da presentación de Causa Galiza en Vigo. De esquerda a dereita, Pedro Alonso, Luís Gonçalves Blasco "Foz" e Loreto Fernández
Imaxe da presentación de Causa Galiza en Vigo. De esquerda a dereita, Pedro Alonso, Luís Gonçalves Blasco "Foz" e Loreto Fernández
O cartaz da manifestación do 6-D
O cartaz da manifestación do 6-D
Unha imaxe da manifestación do 25 de xullo
Unha imaxe da manifestación do 25 de xullo
Unha pintada na autoestrada, feita nas vésperas do Día da Patria
Unha pintada na autoestrada, feita nas vésperas do Día da Patria
Bráulio Amaro, no centro, xunto con Charo Lópes (esquerda) e  Bea Doldán (dereita) na presentación de Causa Galiza, en Compostela
Bráulio Amaro, no centro, xunto con Charo Lópes (esquerda) e Bea Doldán (dereita) na presentación de Causa Galiza, en Compostela