Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A Xunta pagará máis da metade

Abeconsa marcha da Praza de España de Ferrol con oito millóns no peto

O goberno local pechou un acordo económico coa empresa concesionaria das obras, paralizadas por ilegais, en concepto de indemnización.

Redacción - 19:35 05/12/2007

O goberno local de Ferrol pechou un acordo económico con Abeconsa, a empresa concesionaria das obras da Praza de España, paralizadas por ilegais, por un importe total de 7,99 millóns euros, dos que máis da metade (5,2) serán financiados pola Consellaría de Política Territorial, a través dun convenio para a "humanización" da praza.

O alcalde, Vicente Irisarri, anunciou esta cuarta feira que, tras varios meses de negociacións coa construtora, acordaran unha contía económica para resolver un contrato adxudicado en pleno pola anterior corporación "que nunca se debeu outorgar porque non era legal".

Os 2,7 millóns de euros restantes poderíanse financiar a través dunha concesión administrativa para a explotación das dúas plantas que xa hai construídas baixo o subsolo da praza. Ademais, o acordo estabelece que antes de xaneiro Abeconsa cobrará os 5,2 millóns, e o resto antes do 30 de xuño.

Ese espazo podería albergar, segundo Irisarri, unha instalación deportiva, tal e como avanzara en Vieiros o concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato. Nas negociacións, ademais de Irisarri e o propio Mato, tamén participou a primeira tenente de alcalde, Iolanda Díaz, e "un terceiro" axente, que segundo o alcalde, mediou entre as partes cunha asistencia técnica e exerceu de árbitro.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: