Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
LIBRO DE RECEITAS PARA NENOS DE 0 A 3 ANOS

'Nova cociña' para os máis novos

A obra, editada pola Secretaría Xeral de Igualdade, ten como obxectivo a mellora dos comedores infantís

Redacción - 10:00 09/12/2007

A cociña infantil. Pratos elaborados para nenos e nenas de 0 a 3 anos está elaborado por profesionais da escola infantil pública das Mariñas, na Coruña, e de aí o carácter eminentemente práctico e didáctico da iniciativa. Os autores son o cociñeiro Modesto Cancela Suárez e a directora María Antonia Aranguren Pastor.

A difusión do libro comeza hoxe mesmo, cunha tirada inicial de 1.000 exemplares. Diríxese especialmente aos traballadores de escolas infantís, a pais e nais e a todos os interesados na nutrición infantil, xa que o libro recolle tanto receitas de pratos para os máis cativos como consellos útiles e recomendacións sobre alimentación e nutrición dos máis pequenos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: