Na procura de estabilidade e de solidez para o seu proxecto, comprométese a deixar o poder se cae por baixo do teito de 1,5 millóns de votos que apañou hai dous anos.
"Se o pobo di que se vaia Evo, eu non teño problema ningún", afirmou Evo Morales, "son o máis demócrata subliñou". O mandatario boliviano deixou así o desafío fronte os seus opositores, en belixerante campaña nos últimos tempos. O referendo revogatorio proposto non só lle involucraría a el, senón aos nove gobernadores do país, dos cales só tres lle son afíns.
Evo Morales comprométese a deixar o goberno se recibe "un voto menos" dos que conseguira nas eleccións de 2005. Daquela chegara ao 53,7% do total de sufraxios, conseguindo 1,5 millóns de votos. Á espera de coñecer o detalle da lei para a revogación de mandatos, segundo o exposto, a esixencia de deixar o mando afectaríalle non só ao presidente, senón tamén aos propios gobernadores, a quen alén dos compromisos persoais lles poderían esixir deixar o cargo de caer por baixo do apoio recibido nos comicios.
Alguém pode dizer sem corar que Evo Morales abriga algum mau desígnio simplesmente olhando-lhe à face? A direita boliviana levava cem anos ou mais no poder num regímen de apartheid até a chegada de este moderado politico indígena.