Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inverno, Número Catro

De balde en Vieiros: ProTexta, suplemento de libros de Tempos Novos

Corenta páxinas de crítica literaria con entrevistas, reportaxes, crónicas, pezas de creación e unha ollada ao blogmillo.

Redacción - 12:00 07/12/2007

O escritor Xurxo Borrazás protagoniza a capa do cuarto número de ProTexta, (.pdf / 5,3 Mb) o suplemento de libros da revista TEMPOS Novos. Coincidindo coa publicación do seu polémico ensaio Arte e parte (Galaxia) e coa saída da versión castelá de Ser ou non, publicada por Caballo de Troya co título La aldea muerta, o de Carballo debulla a súa visión crítica da cultura galega e traza as estremas da súa propia posición no sistema.

Ademais desta entrevista co autor de Cabeza de chorlito, a revista que coordina Iago Martínez inclúe entre outros unha conversa entre os historiadores Justo Beramendi e Ramón Villares. O diálogo aproveita a publicación de De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais), “a obra magna de Beramendi” ao ver de Manuel M. Barreiro, para revisar a deriva do nacionalismo galego contemporáneo.


4.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: