Os grupos da oposición critican a presunta "sorpresa" do alcalde pola acción xudicial. O rexedor deberá agora dar explicacións no xulgado para determinar as posíbeis responsabilidades por acción ou omisión.
O rexedor mugardés, Xosé Fernández Barcia, do BNG, era presidente da comisión de Urbanismo ademais de alcalde no tempo en que se produciron os feitos agora investigados e froito disto, a xuíza decidiu chamalo a declarar como imputado na presunta trama urbanística. En declaracións aos medios, Barcia afirmou non ter "nada que ocultar" e dixo estar tranquilo sobre a investigación e seguro de que se poderá "aclarar" o acontecido. O mandatario local subliñou que as licenzas concedidas durante o seu mandato contaron sempre co "aval" favorábel dos técnicos municipais.
Ao respecto, e segundo critican desde Esquerda Unida, o "silencio" foi a resposta habitual cando se requiriron do grupo de goberno explicacións sobre diversas e presuntas irregularidades urbanísticas en Mugardos. "Non parece serio que os responsábeis políticos eludan a súa responsabilidade cun simple non sabía nada", láianse desde o grupo municipal desta formación política.
A voceira de EU-IU no Concello, Pilar Díaz considera que o alcalde debe dimitir e recórdalle que preferiu non dar explicacións cando tivo oportunidade de facelo. Esquerda Unida lembra que as denunciadas realizadas pola formación diante da Fiscalía adquiriron unha dimensión "moito maior" que as expostas no seu momento. O seu grupo acudira á xustiza nunha primeira ocasión ao avaliar que se estaba vulnerando o Plan Xeral de Ordenación Municipal no referido á normativa da zona vella do concello. Posteriormente, presentaran outra denuncia pola legalización dun edificio concreto a través dunha modificación puntual do PXOM. A terceira denuncia tiña que ver coa autorización dunha urbanización en solo rural.
Esas tres "irregularidades" que comenta Pilar xa foron contestadas en infinidade de ocasións polo Concello de Mugardos, todas elas son infundadas. Vieiros debía documentarse, no da zona vella IU incluso votou a favor, o do edificio que di que se legalizou cunha modificación do PXOM foi autorizado polo goberno municipal anterior co voto de IU (e non do BNG), e o da urbanización en solo rural consolidado tamén tiña todas as licenzas.
Do blog de Fusquenlla.Sos Pontedeume:
"Pero xa en setembro deste ano o alcalde debía ter coñecemento duns feitos que a concelleira de Esquerda Unida, Pilar Díaz, lle puso enriba da mesa. Nesas datas a edil formulaba varias preguntas ao alcalde en relación coas actividades inmobiliarias que estaba a desenvolver o policia municipal. Velaí os datos:
6.- Pode decirnos se o policía local D.Ovidio Torrente ten as funcións de facer ofertas de compra de inmobles, estando na casa consistorial, cando os cidadáns veñen a preguntar pola oficina de rehabilitación dos cascos antigos da Vila de Mugardos e o Seixo?
Rogamos que se abra expediente informativo para clarificar dita situación.
7.- Podería decirnos se o Policía Local D.Ovidio Torrente ten compatibilidade para facer xestións no departamento de Urbanismo do Concello de Mugardos acompañando a diferentes promotores, como sucedeu no mes de agosto?
Rogamos que se abra un expediente informativo para clarificar dita situación."
Estes da españolísima Izquierda Vendida con tal de enmerdar o BNG xa non saben que facer. Cando desaparecerán xa?
Xa estamos. Pero que ten que ver que sexa Esquerda Unida ou outro partido o que denunciase primeiro? O xuiz investigará o que considere oportuno, e se ninguén do BNG está relacionado pois non hai nada do que preocuparse.