Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cimeira en Lisboa

As presións comerciais da UE escurecen o diálogo con África

Os bos propósitos globais do inicio da xuntanza deron paso a un diálogo máis agresivo onde a Unión Europea trata de conseguir concesións ao libre comercio no continente veciño.

Redacción - 13:00 09/12/2007
Tags: África UE

Mentres o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, insistía na presunta "bondade" dos pactos comerciais propostos pola UE, desde a outra beira, o presidente da Comisión da Unión Africana, Oumar Konaré, falaba do intento dos europeos de usar "mecanismos doutras épocas". As delegacións africanas consideran que os representantes europeos despregaron negociacións illadas sobre o aspecto comercial no intento de enfrontar os países africanos entre si.

Máis claro ao respecto foi o presidente de Senegal, Abdoulaye Wade, para quen a teima da UE en impoñer os novos acordos económicos impactaría gravemente nas débiles economías africanas. Wade queixouse de que se lles pida a supresión de taxas arancelarias para as importacións chegadas da Unión Europea nun contexto de fráxiles orzamentos en todos os países do continente. Por outro lado, o mandatario senegalés tamén censurou o acordo para a inxección do 0,5% en axuda ao desenvolvemento cara á 2010 cando hai xa anos que se prometera o 0,7%.

Pequena aproximación no tema migratorio
"A Unión Europea non estivo á altura das circunstancias", recoñeceu o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, durante a súa intervención para expoñer as propostas de colaboración da UE no ámbito da inmigración. A UE chega así a este foro coa idea de deseñar un pacto en favor das infraestruturas e a xeración de emprego en África que afrouxe o impacto migratorio sobre Europa. Ao respecto, o presidente de Libia, Muamar al Gadafi, reprochou que a UE afronte ese debate sen avaliar explicitamente que a presión migratoria estaría relacionado cos anos de "colonización" e "espolio" de recursos naturais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: