Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres o PPdeG revisa a súa estratexia

PSdeG e BNG avanzan na conclusión conxunta sobre a comisión do Gaiás

Redacción - 09:00 10/12/2007

As "irregularidades" na xestión do proxecto até o cambio de goberno en 2005 estarán necesariamente no informe de conclusións da comisión de investigación que se desenvolveu no Parlamento as últimas semanas. Así o subliñan socialistas e nacionalistas, indicando que de ningún xeito serán "cómplices" do acontecido neses anos. Por este motivo, chaman aos populares a facer unha "autocrítica severa" dese treito.

Esa interpretación é á vez a principal cancela para que poida saír da comisión un texto conxunto coa beizón dos tres grupos parlamentarios. Desde o PPdeG rexeitan calquera tipo de "responsabilidade penal" e insisten en analizar que o informe do Consello de Contas non compromete a ningún membro do partido. Con todo, o PPdeG insistiría en que se estabeleza un consenso básico en favor do impulso ao Gaiás, pero sempre vencellado a que o goberno español se comprometa de xeito concreto coa iniciativa como "proxecto de Estado".


3/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Tino #1 10/Decembro/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esa autocritica q peden bng e psoe é moi facil de levar a termo: denuncia ante a fiscalia.
O resto son papanatadas!

baltar69 #2 10/Decembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

oh, tino, chacho, non caerá esa breva. este indigno presidente, esta sorte de vendido que nos demos para escapar do de vilalba, cree que poñendo a pensar o máis granado da sua corte de concubinos atopará excusas suficientes para convencer a propios e extranos da singular importancia de este magalomaníaco proxecto. e por ahí anda mendicando nas administracións do orbe cooperacións para tan magna obra que xa encheu os petos de tantas familias vinculadas o antigo rexime e cas que, imaxino, pretende tamén encher a dos seus máis cercanos acólitos. que indignidade!!!

carlosroca #3 10/Decembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que ler algo máis.... http://www.gznacion.com/web/no...

Parece que si o van levar....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: