Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Guía cos dereitos dos falantes do sur de Valencia

Axuda para "non ter que pasar ao castelán"

A Plataforma per la Llengua al País Valencià acaba de sacar este volume de axuda para facerlle fronte á castelanización dos trámites administrativos, entre outros.

Redacción - 11:45 10/12/2007

A guía recolle varias situacións (que facer cando non nos entenden nunha tenda ao falarmos catalán?, e se un policía nos obriga a falarlle en español?) e varias ideas e alternativas para actuar cando estas se dean.

A plataforma que edita esta guía (Plataforma per la Llengua al País Valencià) ten constatado que ao sur da Comunidade Valenciá, moita xente que fala catalán vese a miúdo na obriga de pasar ao castelán cando van de compras, fan certas xestións coa administración ou estudan na universidade.

A publicación, que se presenta esta segunda feira, naceu para atender ducias de peticións recibidas na sede da plataforma. Dende agora vaise repartir polas sedes da entidade e nos actos organizados pola plataforma.


Ligazóns

4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: