Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Caza! Fora da Lei?

Perto da morte


Esta nova, non é un caso puntual que acontece polas terras de Ourense, ou a unhas persoas (Mata por matar non) por estar en contra desta actividade a caza. Lendo esta nova na súa bitácora, lembro o que lle aconteceu ao meu pai non hai moito en Compostela, perto do que era de aquela os desmontes da cidade da cultura ao pasar por baixo dunha das pontes da autoestrada.

Un domingo, coma case todos os domingos, foi pasear polo monte Viso. Ao cruzar a mencionada ponte, veuse no medio dun tiroteo duns cazadores, que posiblemente, ante o fracaso do día de caza, a tomaron cun miñato (especie non cazable). Estes grandes deportistas que xogaban fora do campo de xogo (lembramos que a carón dun estrada está prohibido a caza, ata 100m.), marcharon sen pedir perdón.

Isto foi o acontecido aos de Matar por matar non.

Matar por matar NON!, FEG - 20:16 10/12/2007
Tags:

Hoxe puidemos ver e sentir o perigo. Unha batida de xabarís no Tecor “Santrocado e Cidade”. O mesmo que afirma, nos seus plans de aproveitamento, que hai oito raposos por km2.

O mesmo caso que lle aconteceu a o cidadán morto en Villaba por un tiro. Camiñando por unha pista asfaltada, de repente escoitamos a xauría de cans que se aproxima ladrando. Cando están ben cerca, de repente, e poucos metros mais adiante, un disparo, parecía feito dentro da nosa cabeza. Había menos de 50 metros, como comprobamos despois, dende a nosa posición na pista ata o lugar do tiro, efectuado tamén dende a pista.

O lugar xa é coñecido, unha curva de 180º nunha pista asfaltada, que cruza o previsible camiño de fuga do animal para o seu refuxio.É a cuarta vez que se repite o mesmo feito

O único lugar libre de vexetación que existe nese traxecto e, en consecuencia, o único lugar onde pode ser visto para poder disparar. O resto está cheo de vexetación que impide ver, tanto á peza como a os cans. En consecuencia, mentres media ducia o acosa con os cans, outros oito ou dez, esperan aí a que o animal pase.

Xa non é a primeira vez, no ano pasado tivemos que efectuar dúas denuncias, ambas acompañadas de abundante material gráfico en forma de fotos, para documentar os sucesos que ocorreron nese mesmo lugar.

Na primeira denuncia (20/09/2006) reclamamos a presencia da Guarda Civil quen identificou a os participantes, todos agochados na beira da estrada esperando a o xabarín. Non houbo sancións aínda que esta denuncia foi tramitada e encamiñada á Delegación de Medio Ambiente de Ourense.

A segunda vez o animal foi abatido exactamente no mesmo lugar que o de hoxe. Por incrible que pareza non hai nin tres metros de diferencia. Exactamente o mesmo lugar. A menos de vinte metros da pista, que agora está asfaltada e con un disparo efectuado dende a propia pista.

Case sen nos repor do susto, advertimos a os dous individuos que se aproximaban a o animal malferido, quen estaba sendo mordido polo cans, de que ese lugar era unha zona de seguridade porque estaban menos de cincuenta metros da pista asfaltada e, en consecuencia, alí non se podía cazar. Dixémoslles que con a súa acción tiñan posto en perigo a vida de terceiras persoas.

Puxéronse a chamar polo “móvil” a os compañeiros de “faena” para avisalos da “fazaña”, mentres o xabarí continuaba a súa agonía e mentres os cans mordían nel todo o que podían. Tivemos que lles pedir, que por favor, mataran de unha vez ó animal, o que fan con un coitelo.

Van chegando coches, de todo tipo, utilitarios, furgonetas, todo terreos, etc. cada un que chegaba, “xa te coñecemos”, vai para a p... que te p...”, “cazamos onde nos sae dos coll...”, “vamos che cortar o pescozo”, “vamos acabar con todas as sinais de refuxio de fauna”, que por certo xa desapareceron moitas,e lindezas polo estilo. O delincuente sempre ten mais que dicir que a víctima. Puidemos facer algunhas fotos, case as escondidas debido ás ameazas e á agresividade dos “deportistas”.

Chamamos á Guarda Civil, que se presentou no lugar e os identificou, e fomos presentar a correspondente denuncia por ameazas. Nese tempo o movemento de cans xa estaba dentro da zona que ardeu no ano pasado.

Informacións posteriores indican que se fixeron dezaoito disparos nesa zona queimada contra un corzo, ben por baixo da estrada da Aguieira que sube para Freás e un pouco antes da fonte. Terra sen lei... calquera cree que estamos na oitava economía do mundo, en pleno século XXI, e nun país que ten a súa disposición inxentes cantidades de recursos e, no entanto, segue a existir a lei da selva en cousas como estas.

A Delegación de Medio Ambiente de Ourense, a quen se lle encamiñaron as denuncias de anos anteriores por sucesos no mesmo lugar, pedímoslle, antes de comezar a tempada de caza menor deste ano e mediante escrito rexistrado con data 15 de outubro, que extremasen a vixilancia nesta zona debido a os antecedentes que xa temos das actuacións dos socios deste tecor. Nin mandaron vixilancia nin a mandan para supervisar estas “batidas”.

E un tema de difícil comprensión que non actúen axentes de Medio ambiente supervisando estas batidas, autorizadas pola delegación correspondente, e se deixe por conta dos participantes o respectar ou non as normas, cando os infractores saben de sobra que as posibiliddes de que os sorprendan infrinxindo a lei son case nulas.

E incrible que dende a administración pensen que un grupo de cazadores, na persecución de unha peza, ou na posibilidade de matala, vaian a respectar, por propia iniciativa, camiños, distancias, refuxios de fauna u zonas de seguridade. Ninguén acredita que haxa tanto incauto na administración. Circunstancia que os delincuentes aproveitan para deixar probas de súa prepotencia e impunidade, derrumbando peches de refuxios de fauna, levando a sinalización e circulando por eles a diario. Xa hai, en algúns, hasta carreiros de pasaren todos os días.

Solo cumpría facer con que os responsables destas desfeitas, por acción ou por omisión, os responsables da nosa seguridade, os encargados de facer cumprir a lei, os que, cando alguén morre, din que foi un accidente, pois eso, cumpría que souberan o que é estar no medio do monte, solos, enfrontados a unha morea de salvaxes con o sangue fervendo polo cheiro a morte , con a coraxe que da estar armados e en grupo, para ver se, de unha vez, fan ben o traballo polo que lles pagamos todos os contribuíntes.

Por certo falsificar plans de aproveitamento pode ocasionar o peche dun tecor. Estamos agardando o que se resolve da denuncia que presentamos, por este motivo, contra este tecor cheo de escopeteiros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: