Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non houbo foto con Carrillo

Fraga opina que deberá pasar medio século para valorar a Franco con "equilibrio e rigor"

O ex presidente da Xunta repróchalle a Aznar que non repetise candidatura á fronte do PP.

Redacción - 09:00 11/12/2007

Un principio de neumonía impediulle a Santiago Carrillo, ex secretario xeral do Partido Comunista, estar na presentación do novo libro de conversas con Manuel Fraga, elaborado polo xornalista Enrique Beotas, quen fora asesor de prensa do líder conservador.

Do conxunto de reflexións que achega a obra, destacámoslles o capítulo adicado a Francisco Franco, onde Fraga afirma que "non é aínda o momento de opinar con madurez histórica sobre a figura de Franco". Engade o de Vilalba que "os homes coma Franco necesitan que pasen cando menos cincuenta anos da súa desaparición para seren valorados con equilibrio e rigor, sen apaixonamentos". Así e todo, concede Fraga que o xeneral "permaneceu demasiado tempo no poder". "Pasará á historia, o cal non quere dicir que a súa xestión fose indiscutíbel", indica.

Por outro lado, o ex presidente da Xunta tamén fala sobre José María Aznar, a quen lle reprocha que non anunciase a súa presentación para un terceiro mandato. Opina Fraga que a decisión de retirarse á fin do seu segundo treito no poder "provocou unha sensación de interinidade" nos comicios de 2004. Segundo Manuel Fraga, nos días previos á votación fixéronse "manobras" reprobábeis, das que acusa especialmente ao socialista Alfredo Pérez Rubalcaba e a xornada de reflexión "foi quebrantada de forma manifestamente ilegal". Fraga considera que o daquela presidente José María Aznar "debeu aprazar as eleccións" para evitar a vitoria do PSOE.


0/5 (0 votos)


Comentarios (4)

ulo #1 11/Decembro/2007 ulo

Nin que pasen 2 mil anos. Franco estará na galería dos horrores da humanidade cos seus amigos e compañeiros de armas, Hitler e Mussollini. Porque o trío das Azores nos anos 30 era a foto Hitler, Mussollini e Franco, como 70 anos despois foi a de Bush, Blair, Aznar.
Por este motivo, a qué espera a fiscalia a actuar contra Fraga por apoloxia do xenocidio.
Que se deixe de ilegalizar partidos, e vaia contra os que defenden un delito contra a humanidade.
Resulta canso ver como a xustiza española é hipocrita, cinica, vendida, franquista e non sei cantas cousas máis.
Fraga fai apoloxia do xenocidio, e é un democrata. Batasuna, ANV, etc., non condena as accions de ETA e son ilegalizados.
Valiente democracia é ista.

ulo #2 11/Decembro/2007 ulo

Por certo, unha pregunta: porque Hitler e Mussollini estan prohibidos en Alemaña e Italia, non hai prazas ou ruas a Goering, a Himmler, ao proprio Hitler, ou ao Partido Nazi. O mesmo en Italia, e aquí temos que aguantar os seus discipulos, comezando polo rei e rematando por Fraga.

Barcelos #3 11/Decembro/2007 Barcelos

Será para non ver o final, porque canto máis tempo pasa, maior é o rigor co que se lle esta valorando. E o equilibrio vaise conseguindo aos poucos, porque ata agora a balanza sempre estivo desequilibrada a favor dos franquistas e descendentes.

Moi bo o caneo de Carrillo. A estas idades é moito máis fácil atopar un bo pretexto.

rober #4 11/Decembro/2007 rober

que se deixen de fraga, ... que di tantas estupidezes como horas pasou no governo de franco, cando vivo e cando morto tamén.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: