Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSÍBEL TRASTADA

Un artefacto de escasa potencia estoura preto do concello do Porriño

As forzas de seguridade sospeitan que o acto puido deberse a unha rapazada.

Redacción / EP - 10:30 11/12/2007

Arredor das 23.45 deste luns un artefacto estoupou no centro da vila do Porriño. A explosión provocou pequenos danos materiais no consistorio e nun inmóbel próximo. Dende a Policía Local coidan que o sucedido ten que ver cunha “rapazada” e sospeitan que se trata dun “petardo de grande intensidade”.

O alcalde do Porriño, o nacionalista Raúl Francés, tamén coida que é unha trastada, sen ningún trasfondo político, e cre que os autores non querían causar ningún dano.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: