Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dereito de autodeterminación

Estados Unidos vólvelle esixir a Taiwán que desista de entrar na ONU

O goberno da illa pretende realizar un referendo en marzo para que a cidadanía decida sobre este asunto, ignorando as advertencias de Washington e Pequín.

Redacción - 12:40 11/12/2007
Raymond Burghardt, 'embaixador' de EUA en Taiwán, este martes

Raymond Burghardt, 'embaixador' de EUA en Taiwán, este martes

O goberno de Estados Unidos volveu criticar este martes o plan do Executivo taiwanés de consultarlle á cidadanía sobre unha hipotética entrada da illa, actualmente baixo a soberanía da China, na ONU.

A intención do goberno de Taiwán, un dos principais aliados de EUA na zona, é presentar a consulta en marzo de 2008, coincidindo coas eleccións presidenciais, e ignorando as advertencias de Washington e de Pequín.

"O simple proceso de realizar un referendo complicaría aínda máis as relacións conxuntas a través do Estreito de Taiwán (que separa a illa de China)", afirmou Raymond Burghardt, presidente do American Institute, institución como unha embaixada estadounidense de facto.

Conflito histórico

China reclama a soberanía sobre Taiwán dende 1949, ano en que se dividiu en dúas: República Popular (continental, Hong Kong e Macau) e a República de China (Taiwán e outras illas). Pequín ameaza dende entón con usar a forza se a illa se declara formalmente un Estado independente.

En 1979, sendo Jimmy Carter presidente, Washington mudou o seu parecer sobre o status diplomático de Taipei, recoñecendo "unha única China", mais a Taiwan Relations Act lle obriga a axudar á illa na súa defensa. Uns 25 países recoñecen a independencia de Taiwán, fronte a 170 que non o fan.


0/5 (0 votos)

Comentarios (2)

Barcelos #1 11/Decembro/2007 Barcelos

Anticomunistas case sempre, menos cando non nos convén. As ideas políticas valen, o que vale o diñeiro que hai detrás delas, e nestes momentos China ofrece máis diñeiro a EE.UU que Taiwan.

Majorinus #2 11/Decembro/2007 Majorinus

Uma nota para Vieiros:

Onde diz "mais a Taiwan Relations Act lle obriga a axudar á illa na súa defensa"

Deve dizer "mais a Taiwan Relations Act obrígao a axudar..."

Há aqui duas cousas; primeiro a evidente ordem do pronome, depois do verbo numa frase principal. Segundo, o pronome de complemento directo é "o". O "lle" é da possibilidade, única no espanhol, de usar os pronomes "le" e "lo" indistintamente quando se referem a pessoas, como por exemplo "He visto a tu hermano: lo he visto" ou "He visto a tu hermano: le he visto". Em galego, porém, só se admite a possibilidade de dizer "vi-no", e nom "vim-lhe".

Deixo já de lado o uso da forma contraída "axudar á illa", onde me parece que seria melhor (e mais acorde com o galego falado pelos falantes maternos, por outra parte) dizer apenas o artigo, isto é, "axudar a illa", pois nom sei se as duas formas se admitem na norma RAG-ILG.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: