Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Charla en Camelle, cadea humana en Merexo

Loita contra o plano acuícola: actividades

TOD@S A MEREXO: MANIFESTACIÓN E CADEA HUMANA O DOMINGO 16, ÁS 12 HORAS!!!

A Plataforma Veciñal de Merexo e ADEGA convoca para o domingo 16 de decembro, ás 12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha Cadea Humana. Pretendemos delimitar visualmente o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar (270.000 metros cadrados) para incluir no Plano Acuícola. Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un manifesto contra o Plano Acuicola Galego.

Redacción - 22:02 11/12/2007
Tags:



CHARLA INFORMATIVA EN CAMELLE, O DÍA 12 ÁS 19:30

Este mércores 12 de decembro terá lugar na Casa da Cultura de Camelle ás 19:30 unha charla informativa para expor a problemática das piscifatorías. En Camelle, no Concello de Camariñas, está prevista a construcción da piscifatoría de Xandriña que non contempla depuración das augas residuais do proceso productivo ademais dun enorme impacto ambiental e social.http://www.merexononsevende.com/


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: