Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Freo aos proxectos de parques mariños

A costa galega queda fóra das "zonas aptas" para o negocio eólico

Apenas un recanto fronte ao litoral d'A Guarda e na Mariña, a pé de Asturias, aparecen como recomendados para instalación de muíños.

Redacción - 09:00 12/12/2007

No mapa á beira destas liñas poden ver o deseño do Estudo Estratéxico Ambiental do litoral estatal onde se avalían as condicións para a instalación dos parques eólicos mariños. O proxecto avalía non só a potencialidade de cada área para a introdución dos muíños, senón tamén os condicionantes ambientais que impedirían a súa instalación.

En tres cores: zonas aptas (verde); zonas de exclusión (vermellas) e zonas con condicionantes medio-ambientais (amarelas). A reserva de zona por parte das empresas operadoras no sector só poderá realizarse en principio nas zonas consideradas aptas. Neste caso, e no que lle toca a Galiza, só dúas áreas reducidas se recomendan para o sector eólico mariño, fronte ás costas da Guarda e da Mariña.

Con todo, isto non quere dicir que se vaian despregar parques nestas áreas de xeito inmediato. Tan só significaría que no informe inicial se considera que os efectos ambientais son menores fronte ás vantaxes que ofrecen as zonas. Así, a viabilidade ambiental final dependería da realización e aprobación dos correspondentes estudos de impacto ambiental.

Por outra parte, recordámoslles que a posíbel instalación de parques eólicos mariños é fonte dun conflito entre a administración estatal e a galega e que a Xunta decidiu interpoñer un recurso de inconstitucionalidade por vulneración de competencias. "Non poden decidir dende Madrid o que se fai na nosa costa", afirmara ao respecto o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o pasado mes de outubro.


4/5 (9 votos)

Comentarios (8)

Lead_bocas #1 12/Decembro/2007 Lead_bocas

Ben...
Agora temos que impugnar os outros negocios desta mafia.

Gaviotero #2 12/Decembro/2007 Gaviotero

Lógico, cuando nos gobiernan las serviles alfombrillas del Gobierno Central: PSOE y BNG.

Loure #3 12/Decembro/2007 Loure

Non se debe chamar "muíño" a un aeroxerador. Un muíño serve para moer, e un aeroxerador serve para xerar enerxía eléctrica a partir da enerxía do vento ou enerxía eólica. Nos parques eólicos, por tanto, non hai muíños, senón aeroxeradores.
Falemos con propiedade.

Gaias #4 12/Decembro/2007 Gaias

Por fin unha boa nova para Galiza.
Non mais destructores molinillos. Destrozan a paisaxe, non crean emprego, e ainda por riba se levan fora as ganancias. Os galegos nos quedamos co malo, o destrozo da nosa costa co que significa de perdidas para o turismo, e os madrileños cos impostos que pagan ali estas empresas.
Ou acaso baixou a factura da luz dos galegos tras intalar os molinos nos nosos montes, ou as hidraulicas,reganosas,etc?. NON.
Por fora da Galiza!
que se instalen no Manzanares.

ranciadas #5 12/Decembro/2007 ranciadas

Loure, a xente di muíños con total naturalidade, polo tanto o termo é totalmente aceptábel. A nosa lingua tamén evolúe.

mceleiro #6 12/Decembro/2007 mceleiro

Que pena! Fernando Blanco estará a chorar por que igual não pode pôr parques eólicos nas Cies. Que putada. Com o caminho que abre ao "progreso" o maravilhoso parque que aprovou na serra do Iribio (Triacastela, Samos, Pedrafita), em plena Rede Natura 2000, num dos espaços naturais mais valiosos e irrepetíveis da nossa geografia!

O melhor sitio para os eólicos seria os teus colhões (certamente descomunais), mafioso de merda!

verdecanal #7 12/Decembro/2007 verdecanal

En Cies. por que non? poñense na mesma illa e xa non é un parque mariño. En Ons unha canteira. Penso que Sálvora chega a súa superficie para unha cetaria (pois é pequena para unha piscfactoria) e Cortegada para un centro asistencial para a terceira idade. O 1 de xaneiro será a Xunta quen xestione o Parque Nacional.

Por outra a febre eólica segue e Tourián témome que non hai que o salve, O Suído..... Pero segúese a facer dous portos exteriores para traer carbón. E Dicir seguimos favorecendo o cambio climático.

Loure #8 13/Decembro/2007 Loure

Ranciadas, utilizar "muíño" non me parece unha evolución, senón unha involución, ao non incorporar novos termos á nosa linguaxe. Se a tecnoloxía evoluciona, a lingua tamén terá que facelo. E trátase só dunha suxestión aos redactores de vieiros. Cada quen que fale como queira, pero á hora de difundir unha nova relacionada coa ciencia e coa tecnoloxía, e refírome a calquera medio e non só este no que estamos, moitísimas veces boto de menos rigor na terminoloxía utilizada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: