Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O seleccionador camerunés rompeu seu silencio

Eto'o convocado a tratar de furar a porta de Galiza en Balaídos

A primeira listaxe de convocados por Camerún está formada por 27 xogadores e dela sairá a convocatoria definitiva. Só uns días antes do partido contra Galiza.

Redacción - 09:30 12/12/2007
Samuel Eto'o, coa camisola da súa selección

Samuel Eto'o, coa camisola da súa selección

O seleccionador de Camerún, Otto Pfister, deu a coñecer a convocatoria previa para o partido do próximo día 27 de decembro, no que a súa selección se enfrontará contra Galiza en Balaídos.

Nesta convocatoria, formada por 27 xogadores, figuran importantes futbolistas coma Eto'o (do Barça), Webo (xogador do Mallorca, e anteriormente, dianteiro do Osasuna) ou Kameni (que xoga no Espanyol), ademais do ex madridista Geremi ou o ex mallorquinista Lauren, máis que coñecidos para os seguidores do fútbol estatal.

Desta lista, Pfister realizará a convocatoria definitiva que se dará a coñecer uns días antes do 27-D.

Velaquí os xogadores convocados nesta primeira volta:

1. Rigobert Song
2. Samuel Eto'o
3. Achille Emana
4. Landry Nguemo
5. Achille Webo
6. Bekamenga Christian
7. Tomou Bertin
8. Modeste Mbami
9. Valery Mezague
10. Jean II Makon
11. Joel Epalle
12. Alain Nkong
13. Timothée Atouba
14. Bill Tchato
15. Stephane Mbia Etoundi
16. Alexis Enam
17. Jules Augustin Binya
18. Stephane Kingue Mpondo
19. Idriss Carlos Kameni
20. Souleymanou Hamidou
21. Amour Patrick Tignyemb
22. Tchamba Essola
23. Geremi Njitap
24. André Bikey Amougou
25. Alexandre Song Billong
26. Charles Itanje
27. Lauren Etame Mayer


4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: