Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xogando na casa e sufrindo moito

O Liceo gáñalle ao Lloret e consegue a última praza para a Copa

Era o único pasaporte que quedaba, e os da Coruña queríano para eles. Ao final, lévano, tras gañar por 2-1.

Redacción - 11:10 12/12/2007
Imaxe dun partido contra o Blanes

Imaxe dun partido contra o Blanes

Na decimoquinta xornada da OK Liga de hóckei sobre patíns había catro equipos que xogaban máis do que un partido; xogaban un posto de seu para optar á Copa do Rei. Eran o Cemex Tenerife, o Caixa Penedés Vilafranca, o Lloret e mailo Coinasa-Liceo, da Coruña.

Aínda que sufriu dabondo, o Liceo gañoulle, na casa, aos cataláns do Llobregat por 2-1, e conseguiu ascender até o sétimo posto da clasificación, adxudicándose deste xeito, a última praza que dá acceso á Copa, que se ha de xogar en marzo en Igualada. A outra pasaxe para a Copa foi para o Tenerife, que lle gañou ao Blanes.

Ao tempo, o Barça atopaba en Igualada a súa primeira derrota, mais pecha a primeira volta da liga como líder destacado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: