Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobresido o caso contra o alcalde de Donostia

Deixar sen pendurar a bandeira española dos concellos é legal

Odón Elorza fora denunciado por Manos Limpias por non colocar a enseña a diario. A xuíza considera que o seu comportamento "non é constitutivo de delito".

Redacción - 11:19 12/12/2007
Imaxe da casa do concello donostiarra / Flickr: Chaquetadepollo

Imaxe da casa do concello donostiarra / Flickr: Chaquetadepollo

A titular do Xulgado de Instrución número 4 de Donostia (Euskadi), Ana Martín, sobreseu a causa aberta contra Odón Elorza, alcalde deste municipio vasco, tras a denuncia do sindicato de funcionarios Manos Limpias por non pendurar a diario no Consistorio a bandeira española.

A resolución xudicial chegou na mañá desta cuarta feira ao concello. "Acórdase o sobresemento libre e arquivo das presentes actuacións respecto de Odón Elorza por non resultar o comportamento imputado constitutivo de ilícito penal", afírmase na mesma.

Elorza prestou declaración como imputado o pasado 30 de novembro no citado xulgado donostiarra onde negou ante a titular do mesmo cometer os delitos de desobediencia, prevaricación e abandono de funcións que lle atribuía o sindicato de funcionarios.

Naquel momento, o primeiro edil donostiarra rexeitou ante o xuíz "todas as acusacións" e, tras expresar a súa confianza na Xustiza, asegurou que aceptaría "calquera resolución" que adoptasen os tribunais. Ademais, considerou que a actuación de Manos Limpias estaba "manipulada polo PP".


4,2/5 (5 votos)

Comentarios (6)

Tino #1 12/Decembro/2007 Tino

Outro suceso mais dos Marranas Limpias, como o do caso de Nunca Mais.
Cando comezaran a actuar contra os alcaldes q son corruptos, violadores, acosadores laborais, especuladores..? Pois nunca pq son eles mesmos.

chou #2 12/Decembro/2007 chou

Poderiades comezar a face-las cousas cun pouco de seriedade...
Quen dixo que sexa legal??? O fallo é froito da INTERPRETACIÓN da xuíza.
Eu son o primeiro que non gusta da bandeira española nos concellos, pero con "mentiras" trapalleiras non chegades a ningures.

Gaviotero #3 12/Decembro/2007 Gaviotero

Tino, si empiezan a actuar contra alcaldes corruptos, violadores, acosadores laborales y especuladores, el bipartito se va a quedar sin ningún cargo representativo. No seas tan duro con ellos, anda...

chou, efectivamente el titular de Vieiros es FALSO. No es legal, aunque la Justicia (por ahora) haya determinado que no es constitutivo de delito.

serbia #4 12/Decembro/2007 serbia

Non es ti quen para dicir nada, Gaviotero. Mirade o que o tipo este pensa de si mesmo:

"precisamente, a los que estamos o podemos estar en el ojo de mira de los terroristas."
https://www.blogger...

en fin, soña, rapaz... para falso ti

sozinho #5 12/Decembro/2007 sozinho

Esta información prodúceme tantas náuseas coma o blog de Gaviotero. É unha manipulación interesada dicir que arquivar un caso convirta o suceso en legal. Os intereses son recabar nestas páxinas incautos que se permitan atacar á bandeira de España para facer presión sobre o estado (e se hai consecuencias negativas, non agardedes máis consolo que: es outra vítima do estado represor). Pero a realidade non é esa: demóstrase cómo de necesaria é a asignatura Educacion para a Cidadanía (pero tamén para adultos), xa que a propia constitución recolle que pode ser delito e a denuncia de Manos Limpias baséase nunha sentenza recente do TS que fai aplicar ese artigo da carta magna.
Por que se arquiva? Recordo que o alcalde é do PSE, que a xustiza está bastante politizada, pénsese na cor do goberno actual, pénsese en que hai un problema de terrorismo en Euskadi no que convén non botar máis leña ao lume e tírense as propias conclusións.
Sen embargo, eu penso que terxiversacións coma esta demostran que no cumprimento da lei (e máis das leis polémicas) hai que ser extremadamente rigoroso, senón aflorarán problemas e a represión posterior por todas partes.
Conste que non son acérrimo nacionalista, pero penso que a vía debe se-la vía legal: pular por un estado federal e non a ilegal, mediante proclamas, mentiras e feitos consumados.

trapalleiro #6 13/Decembro/2007 trapalleiro

O que hai que dicirlle os ppros é que a xustiza está para resolver conflictos máis relevantes que bandeiras e caralladas desas, que xa parecen querellas de programas do corazón.

e que vaian pensando noutro lider que Rajoi cada vez que fala mete a zoca..

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: