Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Álvaro Pino fala da nova tempada do KGZ

"Ezequiel, David García, Herrero e Castaño deben levar o peso do equipo"

Durante as últimas semanas de adestramentos colectivos, o equipo está sendo observado polo seu director deportivo, que selecciona as pezas máis destacadas.

Redacción - 11:20 12/12/2007
Álvaro Pino, director deportivo do KGZ

Álvaro Pino, director deportivo do KGZ

Con esta e coa que vén terminarán as semanas de adestramentos colectivos que vén desenvolvendo o equipo ciclista profesional galego dende o mes pasado.

Segundo Álvaro Pino, director deportivo do equipo, os adestramentos, polo de agora, foron máis amplos que de calidade, mais, despois do Nadal os corredores do KGZ comezarán a adestrar de xeito individual, medidas xa as posibilidades e ambicións persoais de cada quen.

Pino amosouse satisfeito coa experiencia dos adestramentos colectivos: "Ao principio había moitos que eran remisos a este sistema, pero creo que, aínda que algúns están acostumados a traballar sós a un nivel óptimo, ao final todos se foron adaptando perfectamente", podendo comprobar, segundo dixo Pino, que os adestramentos colectivos "serven para facer grupo". "Veremos máis tarde se o rsultado deportivo é bo ou non", terminou.

Menos nomes do que o ano pasado
O Karpin Galicia 2008 será un equipo de menos nomes que o do 2007, pero Álvaro Pino confía no cadro de corredores. "Hai ciclistas novos que teñen un ano máis de experiencia e, en condicións normais, vai ter que se ver neles unha progresión. Tamén confío en que as novas incorporacións do campo amador (Paleo, Delio Fernández, Cobelo, Alberto Fernández e o ruso Isaychev) se adapten ben á categoría. Seguramente imos botar de menos algún corredor como Eladio Jiménez, pero o peso do equipo debe recaer en corredores que xa demostraron un alto nivel como profesionais, como é o caso de Ezequiel Mosquera, David García, David Herrero e Carlos Castaño", engadiu.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: