Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE LIBRE PARA OS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS

Quioscos para África

Un proxecto que xorde debido ás dificultades nalgúns países, como Sudáfrica, para acceder a Internet, e a súa imposibilidade para a descarga de grandes ficheiros de información

Redacción - 18:29 12/12/2007

A Fundación Shuttleworth decidiu colaborar na redución da fenda dixital coa creación dun quiosco dixital para achegar as novas tecnoloxías a diversas zonas de África. Este dispositivo conta cun deseño e interfaz similar ás máquinas de 'vending' que ofrecen café nas zonas de descanso das oficinas.

No seu interior ten un computador con gravadora de CD onde, mediante unha pantalla táctil, o usuario pode seleccionar entre diferentes versións de Linux (como Ubuntu, Fedora ou Debian, entre outras) e outras aplicacións populares do software libre como o navegador Firefox ou a suite ofimática OpenOffice.org, ademais de fotos, música, libros e outros tipos de contidos dixitais de libre distribución.

A iniciativa Freedom Toaster está subvencionada na súa totalidade pola Fundación Shuttleworth, cuxo fundador é o emprendedor surafricano Mark Shuttleworth, creador de Ubuntu, unha das distribucións de GNU/Linux máis populares.

Mediante este quiosco, os usuarios das zonas apartadas poden descargar estes programas sen ter que dispor dunha conexión estable a Internet, algo que por custo e infraestruturas actuais doutro xeito sería inviable para eles.

Os quioscos atópanse en puntos de accesos públicos, como organismos, bibliotecas e centros educativos. O seu funcionamento é simple e poden instalarse en calquera parte do mundo. Ademais, non é necesario que exista conexión a Internet.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: