Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
NA CORUÑA

Vivenda vai investigar a venda irregular de pisos protexidos por internet

.A consellaría quere comprobar unha denuncia que asegura que no coruñés barrio de Mesoiro se están a vender pisos de protección oficial.

Redacción - 14:19 13/12/2007

Esta quinta feira o xornal La Voz de Galicia publicaba unha información sobre a posíbel venda irregular dalgunhas vivendas de protección autonómica situadas no novo barrio coruñés de Mesoiro.

Os pisos foron entregados este ano, polo que aínda non cumpren as normas, pactadas na lei, para volver ao mercado.

Teñen que pasar dez anos antes de mudar de mans
Ao parecer, algúns dos pisos aparecían nunha páxina de venda de casas por Internet, cando teñen que pasar polo menos 10 anos para que o propietario dunha destas vivendas os poida poñer á venda.

Ademais, un denunciante anónimo que chamou ao xornal tamén falaba dos alugueres irregulares nestas vivendas e de que moitas delas aínda permanecen baleiras, cando deben de ser ocupadas un mes após ser entregada a chave ao novo propietario.

Vivenda vai abrir unha investigación
Dende a Consellaría de Vivenda e Solo aseguraron que, aínda que non recibiron ningunha denuncia formal, o feito de ser denunciado (aínda que sexa verbalmente) e de que sexa posíbel que se estea a cometer unha irregularidade é dabondo para abrir unha investigación.


5/5 (2 votos)

Comentarios (1)

mceleiro #1 13/Decembro/2007 mceleiro

Política de feitos consumados. Que me quitem o bailado!

Ainda que seja evidente, se ninguém denuncia, para que investigar? E de investigar, para que? Neste pais as investigações só produzem papeis e papeis. Nenhuma medida ao respecto.

Estarão ainda a investigar se alguma constructora pretende destruir um castro.....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: