Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A CANCIÓN FORMARÁ PARTE DA BANDA SONORA DE 'PRADOLONGO'

Luis Emilio Batallán volve ao estudio para regravar 'Quen puidera namorala'

O cantante terá o acompañamento da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Redacción - 16:53 13/12/2007

Quen puidera namorala é unha canción que xa pasou por varias xeracións, sen deixar de estar de moda en ningún momento., de xeito que o poema de Álvaro Cunqueiro converteuse nun dos máis populares da historia da literatura galega. Porén, en todos estes anos, dende que a canción apareceu por vez primeira en 1975 no álbum Aí ven o maio, Luis Emilio Batallán non volvera gravar unha nova versión.

Agora regresa ao estudio, para incorporar a canción á banda sonora do filme Pradolongo, rodado integramente en galego. A nova Quen puidera namorala incorpora unha gaita e o acompañamento instrumental da Orquestra Sinfónica de Galicia, que realiza a música para toda a película. O arranxo orquestral daralle á peza unha dimensión máis cinematográfica. Segundo Ignacio Vilar, director de Pradolongo, "o poema de Álvaro Cunqueiro coa música de Luís Emilo Batallán fixeron de Quen puidera namorala a unión ideal entre poesía e música, esa unión axuda a que a historia de Pradolongo toque nas emocións". A gravación realízase no estudios Bruar da Coruña.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe da filmación da película
Unha imaxe da filmación da película