A oficina que aprobou a Xunta elaborará informes para priorizar plans de recuperación dos animais e vexetais máis ameazados.
A Xunta contará co Observatorio Galego da Biodiversidade, un órgano de asesoramento que analizará a evolución das especies en perigo de extinción. O observatorio decidirá cales dos animais e vexetais deben formar parte do Catálogo de Especies Ameazadas.
O Goberno aprobou esta quinta feira o decreto de creación do observatorio a proposta da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. O ente tamén emitirá informes relacionados coa conservación e protección da biodiversidade en Galiza, para priorizar plans de recuperación de especies segundo o seu grao de conservación.
Formarán parte do órgano especialistas de recoñecido prestixio no estudo e investigación de especies e representantes da Administración. Reunirase, cando menos, unha vez ao ano en sesión ordinaria, e poderá crear grupos de traballo para a realización de estudos sobre a materia.
gaviotero: ave do PP, protexida en extinción
E no entanto que na conselharia do ambiente perdem o tempo com estes organismos, a conselharia de medio rural promoverá concentraçons parcelárias em áreas da rede natura ou dará permiso para destruir zonas de mato com espécies vegetais em perigo de extinçom. Fazendo um país de papel!
Manoel Vazquez: o mago do escaparatismo, semella que protexe por diante e abre canteiras, destrúe fragas e prodiga silencio administrativo por detrás..
Por que Personalizar? Manuel Vázquez, mago do escaparatismo, Alfredo Suárez, da chapuza, Fernando Blanco, do ocultismo, Gallego do morro...