A variación é maior ca media do Estado. No que vai de ano, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) incrementouse un 3,7% en Galiza.
A inflacción incrementouse en sete décimas no Estado
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu en Galiza durante o pasado mes de novembro un 0,8% con respecto ao mes anterior, segundo datos difundidos este venres polo Instituto Xeral de Estatística (INE).
No que vai de ano, os prezos subiron no país un 3,7%, namentres que a inflación interanual (últimos doces meses) alcanzou o 3,9%; estas dúas cifras son inferiores á media estatal, non así a da variación mensual.
O IPC aumentou no Estado unha décima menos ca en Galiza en novembro, namentres que a taxa interanual se situou no 4,1%, a cota máis alta dende xaneiro de 2006.
O aumento debeuse principalmente ao incremento do grupo de vestido e calzado, e ao aumento dos prezos do transporte, debido ao encarecemento do barril de petróleo.