Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A OPERACIÓN SEGUE ABERTA

A Garda Civil confirma que son tres os detidos por portar un artefacto explosivo

Dous mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos foron sorprendidos en Portosín cunha bomba no maleteiro dun vehículo e outro foi arrestado horas despois.

Redacción - 13:12 14/12/2007

A Garda Civil confirmou que, tal e como aseguraban dende Ceivar, hai xa tres mozos detidos acusados de intentar colocar un artefacto explosivo en Portosín. Segundo fontes oficiais, os mozos, que terían idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, están a prestar declaración.

As primeiras informacións apuntan a que os dous primeiros arrestados son veciños de Santiago de Compostela e que foron soprendidos por unha patrulla da Garda Civil cun artefacto no maleteiro do vehículo no que viaxaban. Algunhas fontes cren que preparaban un atentado contra unha caseta dunha axencia inmobiliaria. A terceira detención produciuse a primeiras horas da mañá deste venres. Os axentes cren que o último arrestado está relacionado co caso.

As familias e os letrados dos tres detidos están intentando poñerse en contacto con eles. Porén, crese que as autoridades van aplicar as leis especiais que permiten manter incomunicados aos arrestados por este tipo de delitos até un máximo de cinco días.

Anteriores:


3.11/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: