A rede A Ría Non se Vende convoca unha manifestación para este sábado ás 18.00 horas contra o Plan de Ordenación Municipal.
A rede A Ría Non se Vende, que agrupa a diversos colectivos ecoloxistas e sociais, convocou unha manifestación para este sábado ás 18.00 horas contra o Plan de Ordenación Municipal de Vigo.
A intención é amosar que "non toda a poboación está satisfeita con este PXOM feito de costas á cidadanía e aos seus intereses", din dende Verdegaia, unha das asociacións que forman parte da rede.
"Unha vez mais, este plan propon un modelo de desenvolvemento baseado na construción de máis e máis vivendas", sobre unha estimación de que Vigo "duplique a súa poboación nun intervalo de entre 12 e 20 anos", afirman.
A marcha concentrarase na rúa do Príncipe, fronte ao Marco, e percorrerá por Colón, Policarpo Sanz e Porta do sol para rematar outra vez no lugar de saída.
Y los del BNG, con Santi Domínguez a la cabeza, más perdidos que un pato en un garaje...
O BNG o único coherente. O único que pon por diante os intereses xerais da cidade e d@s cidadáns dos particulares e do de partido.
PP e PSOE defenden o plan no goberno e o atacan na oposición. En fin.
Os promotores e particulares que se opoñen ao incremento da vivenda de protección fanno polos seus intereses particulares exclusivos.
O PSOE fixa bandeira da oposición ao plan e colleu a bandeira do 40% (recordemos que esa proposta fixeraa hai máis de un ano a Conselleira de Vivenda, co desacordo inicial do PSOE, quen se sumou posteriormente), para asi poder xustificar o seu troco de posición.
O ecoloxismo que se opon ao plan é benintencionado mais está trabucado de raiz, a oposición é de propietarios particulares que, literalmente, non queren vivir nun piso nin mudar a súa casa por outra noutro sitio, ou que simplesmente queren recibir máis cartos ou mellor aproveitamento. E moitas das cuestións meioambientais criticadas son falsidades, inexactitudes ou falan de cuestións que sobardan o obxecto dun plano urbanistico.
E por último para non aburrir, hai algo falso de raiz sobre o teórico "rural". Explotacións agro-gandeiras non existen, ninguén vive diso en Vigo, e as zonas de protección rural no PXOM figuran onde tal rural existe.
Mais chamar rural, a unha zona urbana onde hai vivenda unifamiliar dispersa é unha grande falsidade, e fai un dano terríbel. É o máis insostíbel desde o ponto de vista ambiental, económico e social; é un privilexio que finanzan os que viven na parte urbana de vivenda colectiva.
Os custes que isto ten son brutais xa que os impostos que pagan uns e outros son semellantes sendo os custes dos servizos moito maiores. A ocupación do terreo é moitisimo maior e impacto que teñen as obras para dar servizos é infinitamente máis grande, asi como o custe ambiental do transporte sexa colectivo ou individual....
Pero qué cegos vos estades voltando algúns no BNG!!!
Cegos!!??....será... mais se cadra hai moito visionario, que pensa que ve máis que ninguén, e resulta que non é máis que un decorado que lle puxeron diante dos ollos os intereses privados (lexitimos mais individuais.
¿Que el BNG es el único coherente? Con el PP apoyaba un plan y ahora aprueba el que antes rechazaba!!! ¿Coherencia? Coche oficial, secretaria y los 800.000 euros que se embolsa Santi y sus 10 amiguetes asesores en el Concello. Esa es la única coherencia que entienden los bloqueiros de Vigo. Así les va, claro. Que menudo batacazo se pegaron en las últimas municipales...
Foille de puta madre ao PP, non si Gaviotero :))
A foderse na oposición mentres outros gobernan 4 aniños ... e o que vos queda ...
Duplicar o número de vivendas, sen a avaliación ambiental que esixe a lei, con 28.000 vivendas baleiras, derrubando 15.000, arrasando co rural... Isto é gobernar? Xa estamos a mirar como é o nacional-ladrillismo: Moaña, Pontevedra..E é visionario pedir o cumprimento da lei, Carliños? Ides a deixar de ecoloxista a Telmo Martín...