Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concentración veciñal en Muxía

Na defensa das alternativas para Merexo, en favor doutro modelo de país

Sobrou xente no lugar de Merexo, en Muxía, para facer a cadea humana coa que se lle esixe á Xunta que "rectifique" o Plan Acuícola.

Redacción - 09:00 17/12/2007

"Os veciños de Merexo tedes a razón, o que se quere facer é un abuso", expoñía o manifesto redactado polo escritor Manuel Rivas, que non puido estar no acto. Con todo, leuse no seu nome un texto onde se chamaba aos políticos a "escoitaren o pobo". "Vós sodes os que fan falar o mar de Merexo", recollía o texto.

Sobre as Brañas de Merexo despregouse unha pancarta xigante ao tempo que os participantes fixeron unha cadea humana coa que lle solicitaban á Xunta "por enésima vez" que "recapacite" e evite o dano irreversíbel que suporía expropiar 270.000 metros cadrados (equivalentes a 40 campos de fútbol) de terreos de primeira calidade para darllos en concesión á empresa norueguesa Stolt Sea Farm.

De paso, moitos dos manifestantes aproveitaron para levar un par de cebolas, en defensa da alternativa ao Plan de Acuicultura que propón a Plataforma Veciñal de Merexo, convocante da protesta. Sosteñen que o lugar, unha das aldeas máis singulares da Costa da Morte, ten un potencial agroturístico que Galiza "non pode desperdiciar".


4.42/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: