Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÉRCORES 19, NA GUARDA

Tino Baz presenta o seu primeiro disco, 'Cinsa Namorada'

O cantautor musicou o poema de Marica Campo, que dá título ao álbum

Redacción - 11:52 17/12/2007



Tin Baz xoga na casa. O Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do primeiro álbum do cantautor, nun concerto que comezará ás oito da tarde.

Cinsa Namorada foi gravado durante os meses de setembro e outubro nos estudios Casa de Tolos de Gondomar e é editado pola discográfica Pai Música; o traballo é dirixido musicalmente polo experimentado Moisés Quintas. No álbum Tino Baz apoiouse nunha multitude de instrumentos, dende a zanfoña, o pandeiro, as cunchas e o bombo, pasando por gaitas, frautas, percusión, e mesmo violíns, teclados ou acordeóns.

A canción que abre o disco e que lle dá nome é un poema de Marica Campo que o cantautor interpreta canda á súa irmá: "sexa a morte / xa que é prezo da vida / sexa a cinsa / xa que é herdo do lume". No álbum destacan outras pezas, como Xuliva e Arminda, dedicadas a dúas coñecidas mulleres da Guarda.


4,25/5 (12 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 17/Decembro/2007 ecoe

Hai un bo xuglar no Tino e gosto ben do seu estilo, xa "antigo" mais de indudable calidade.

Inda este vran andivo por Combarro cantando nas prazas no meio dun recital de poesía de novos poetas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: