María Vázquez é candidata ao premio á mellor actriz de reparto por Mataharis, Nocturna (Filmax) pode ser o mellor filme de animación e O bufón e a infanta (Dygra) ou A flor máis grande do mundo (Continental), a mellor curta.
Poucas alegrías nas nominacións ao Goya para as producións e profesionais do cinema feito en Galiza. Tan só tres candidaturas, destacando a de María Vázquez, que polo seu papel en Mataharis podería facerse co premio á mellor actriz de reparto. Polo demais, de novo a animación dálle ao noso país os mellores réditos, cunha longametraxe, Nocturna: Una aventura mágica, unha produción de Filmax realizada por Bren Entertainment.
E dúas curtametraxes de animación: O bufón e a infanta, producida por Dygra e dirixida por Juan Galiñanes, e A flor máis grande do mundo, producida nesta ocasión por Continental e creada por Juan Pablo Etcheverry. Esta curta foi escrita orixinalmente por Saramago, que ademais é o narrador da historia.
Tamén hai opcións na categoría de mellor canción orixinal, na que Esa luz, creada para Mataharis por Piti Sanz, Luis Tosar e Santiago García de Leániz e interpretada polo propio Luis Tosar, podería levar o premio.
As grandes favoritas da gala, que se celebrará o 3 de febreiro en Madrid serán El orfanato (Juan Antonio Bayona) e Las 13 rosas (Emilio Martínez Lázaro), con 14 candidaturas cada unha. A independente Soledad (Jaime Rosales) e Siete mesas de billar francés (Gracia Querejeta) tamén optan ao premio á mellor película.
Hai outra candidata galega a mellor curta de animación: "O bufón e a raíña" de Juan Galiñanes.
cuidao, cosmopolita de vijo..
Falar galego non o ían a falar aínda que houbese algún actor galego, salvo cando foi a película "Mar dentro", que si se falaba en galego e mais en catalán.
Terían que facer os "Valle-Inclán" ou unha gala ou "galiña" galega, para que falase en galego o noso cine.
Xa temos a Luís Piedrahita como director de películas. Que se anime a facer unha peli na nosa terra, coas súas cousas pequenas.