Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CELEBRARASE EN MAIO NA CORUÑA

Un simposio internacional sobre faros romanos apoiará a candidatura da Torre de Hércules

O Estado debe decidir antes de febreiro se o candidato a Patrimonio da Humanidade é a Torre ou as pegadas de dinisaurios espalladas pola Península

Redacción - 19:34 17/12/2007

O simposio está coordenado por Carmen Fernández Ochoa, catedrática de Arqueoloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Entre os expertos que intervirán na Coruña figuran Jean-Yves Empereur, arqueólogo e fundador do Centro de Estudios Alexandrinos (CEAlex), Juan Manuel Abascal da Universidade de Alicante, Pablo Latorre e Luis Caballero do CSIC de Madrid, Ángel Morillo da Complutense de Madrid, Darío Bernal, da Universidad de Cádiz, Jorge de Alarcão do Instituto de Arqueologia de Coimbra e os galegos Xosé María Bello e Juan Naveiro entre outros.

O encontro contribuirá a reafirmar dende a perspectiva académica a importancia da Torre de Hércules, como único faro romano no mundo que segue en activo e como mostra única das torres de sinalización marítima levantadas polas civilizacións da Antigüidade.

Este simposio encádrase nas actividades de promoción da candidatura da Torre de Hércules para ser declarada Patrimonio da Humanidade. Será unha das dúas candidaturas que o Estado presentará antes do 1 de febreiro á Unesco, logo de que a Consellaría de Cultura e Deporte conseguise que a Torre fose elixida por unanimidade polo Consello de Patrimonio Histórico Español. No caso de que a candidatura sexa aceptada pola Unesco, este organismo resolverá a súa inclusión a mediados de 2009.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: