Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A hora do comercio xusto

"Caridade non: xustiza"

Non hai moitos meses que a Federación de asociacións solidarias Setem apuntaba o rápido avance en Galiza do comercio xusto. Agora, a Confederación de Consumidores e Usuarios avisa de que o país é case pechacancelas neste ámbito. Sexa como for, son datas axeitadas para pular polo outro comercio posíbel.

Redacción - 09:00 18/12/2007

Segundo o estudo da Confederación de Consumidores e Usuarios, CECU, e a Asociación do Selo de Garantía de Comercio Xusto, xunto con Estremadura e Madrid, Galiza aparece nos último postos en canto ao consumo de produtos de comercio xusto. Na outra beira está Cataluña, onde maior é o interese dos cidadáns por mercar neste ámbito.

Aproveitando o Nadal, estas dúas institucións chaman ao "consumo responsábel e solidario" e piden "unha reflexión persoal antes de comprar un produto, recapacitando sobre a necesidade real de consumilo". Entre un cuarto e un terzo dos produtos que se consumen durante todo o ano corresponden á época de Nadal, segundo a análise da CECU.

Durante a presentación dunha guía sobre o Comercio Xusto e o selo Fairtrade, a presidenta da confederación, María Rodríguez, manifestou a súa satisfacción ao sinalar que os consumidores compran "tendo en conta cada vez máis valores sociais", segundo os últimos estudos. Defendeu ademais que o do comercio xusto "non é caridade, senón xustiza".


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Colleita de cacao
Colleita de cacao