Redúcese o sobrecusto nos CD, DVD e gravadoras e introdúcese en todo tipo de dispositivos para escoitar música dixital.
O goberno español xa presentou a súa proposta de reforma do canon dixital, a cantidade que os consumidores deberán pagar para compensar as sociedades de autores polo dereito de copia privada. A proposta dos ministerios de Cultura e Industria prevé que a partir de xaneiro se rebaixe o sobreprezo nos CD e DVD e se introduza nos dispositivos reprodutores de MP3.
Así, os CD gravábeis pasarían de ter un canon de 0,17 euros e os DVD, de 0,44. As gravadoras de CD pagarán o,60 euros, como até agora, e as de DVD, 3,40, pouco máis da metade ca anteriormente. Os escáneres seguirán a pagar 9 euros, e, como novidade, os teléfonos móbiles ou PDA que reproduzan MP3 estarán gravados con 1,50 euros, e os reprodutores de MP3 e MP4, 3,15 euros.
A proposta foilles remitida ás entidades de xestión e ás asociacións de fabricantes de equipos, e despois consultarase no Consello de Usuarios e Consumidores. Segundo o executivo español, buscouse o equilibrio entre os intereses de todas as partes, e supón unha redución das tarifas nos equipos de maior uso.
Abaixo este tipo de medidas!!!!
pareceme increible que teñamos que pagar un verdadeiro "imposto indirecto" sobre a hipótese dun consumo ou uso, que poida que a maioría da xenta non faga.
Cómo se presupon que cada persoa que merca un cd ou mp3 vai a baixar canción de "Riky Martin"???
e dicer pagas antes de consumir?!
xa so nos queda decir o retrouso da Bruxa avería.
Viva o mal, Viva o CapitaL!!
Non sei porqué acábase de me acordar o que aprendín en Historia cando falaban do clero e dos señores feudais na Idade Media. Non sei porqué pero si que é curioso. lol!
O PP ven de enarbolar a bandeira da defensa dos consumidores contra o canon dixital: xa non se lembran cando subiron a presión fiscal nun 20% e dician q baixaran os impostos. Por certo, POR QUE NON DERROGARON A LEI DA PROPRIEDADE INTELECTUAL CANDO GOVERNARON ELES?
A q veñen agora con estas leas baratas do canon?
GUSTARIAME ACLARAR CERTOS CONCEITOS DESVIRTUADOS:
-Aos creador de cancións (letra ou música), e a lei di q teñen dereito a q se alguén a interpreta e cobra por iso, teñen q recibir unha parte. A unha organización da xestión de dereitos (sgae non é a única, tamén están agedi, aie, etc) son as q se encargan do seu cobro e redistribuen esas cantidades entre os integrantes.
ASI Q OS DEREITOS DISTRIBUENSE ENTRE QUEN OS TRABALLA, sr ,,un galego".
-Se alguén nun concerto, grava a un cantante q interpreta unha obra e colga esa gravación en internet, por exemplo nun portal de venda de agasallos: o creador ten dereito a cobrar parte dos beneficios q faga esa empresa. Ninguén llos pode negar. Se a empresa non kere pagar ese canon: q cree a sua propia música!
E se as comisións de festas non keren pagar dereitos de autor, q contraten orquestras q toquen os seus propios temas! ASÍ DE FACIL.
Se os bares, tvs, radios, empresas, etc q utilizan musica creada por outros para vender mais... non keren pagar dereitos de autor, q creen eles mesmos a sua propia musica! Enriba levarán parte dos beneficios: TODO UN CHOLLO VERDADE?
Mais por que non o fan? pq saben q usando músicas pegadizas ou q teñan ritmo ou estean de moda, van chamar a atención e sacarlle a pasta á xente.
POIS SE SACAN BENEFICIOS Á CUSTA DOS CREADORES, QUE REPARTAN!!!!!
E o mesmo pasa coa maioria dos soportes q compramos: fitas, cd, dvd... Q ninguén diga q os compra para facer as gravacións da sua voda pq isto é só unha vez na vida. A ,,MAIORIA" DOS SOPORTES Q SE MERCAN SON PARA GRAVAR MUSICA, PELIS, ETC, ETC, todo creado por outros, e se keremos disfrutar do q outros fan, pagar unha PÍRRICA CANTIDADE non vai matar a ninguén.
Por que non pedimos q se elimine o prezo dos ordenadores? ou dos mobiles? ou dos gravadores de dvd e cd?
Xa avonda de fariseísmos.