Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ODISEA NO ESPAZO

'Super Mario Galaxy'

Vinte anos despois do seu debut nas consolas, Super Mario chega á Wii de Nintendo

Redacción - 18:22 18/12/2007

Agora o fontaneiro italiano lánzase á conquista do espazo grazas a un sistema de xogo que reproduce a gravidade dos corpos celestes.Coma en todos os episodios da saga Mario, a princesa Peach é raptada polo infame saurio, Bowser.

Neste xogo o heroe debe saltar de planeta en planeta. Cada nivel está concibido para darlles aos xogadores unha experiencia lúdica nova.Mario está dotado cos poderes do primeiro xogo en tres dimensións da serie "Super Mario 64" (1999). Pode patinar ou facer equilibrios en riba dunha bola de circo.

Coñecido pola súa arte de disfrazarse e transformarse, Super Mario pode volverse abella, para surcar os ceos, ou pantasma, para atravesar paredes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: