Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RAG E CCG PROPOÑEN REFORMULALO

Algo se move no Panteón

A Real Academia e o Consello da Cultura apostan tamén por rebautizalo como Panteón da Galeguidade

Redacción - 19:36 19/12/2007

A Real Academia e o Consello da Cultura propuxeron de xeito conxunto darlle outra orientación ao Panteón dos Galegos Ilustres, situado na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Compostela. Propoñen un cambio de nome, para rebautizalo como Panteón da Galeguidade, e ademais reformular a súa función, "para que aqueles que o merezan estean representados cos seus corpos ou efixies", en palabras de Barreiro Fernández, presidente da Academia.

Na actualidade, o Panteón acolle os restos de Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e, dende 1984, os de Castelao. Coa proposta de Academia e Consello da Cultura, que será proposta aos poderes públicos, poderían ingresar no Panteón varios outros persoeiros da historia de Galiza.

Xosé Ramón Barreiro e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, fixeron este anuncio na presentación do libro Os símbolos de Galicia, editado por ambas as dúas institucións. A obra recolle traballos dos propios Barreiro e Villares, ademais de Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña e Eduardo Pardo de Guevara. O acto de presentación do libro estivo presidido por Ánxela Bugallo, que dixo "recoller as moitas luvas" lanzadas por Barreiro Fernández.

2008, ano de Curros

O Presidente da Real Academia Galega tamén anunciou que en 2008 "celebraremos como se merece o Ano de Manuel Curros Enríquez". O vindeiro ano cúmprese o centenario a morte do poeta en Cuba e do retorno a Galiza dos seus restos. Será pois, un ano cheo de actos de lembranza e estudo de Curros, no que se pretende, segundo Barreiro Fernández, levar a celebración e os actos á rúa e á sociedade, máis aló das institucións académicas.


3,67/5 (9 votos)


Comentarios (4)

AGIL #1 19/Decembro/2007 AGIL

Perfeito! A "galeguidade" já tem onde morrer e ser soterrada definitivamente. R.I.P.
Atraiçoa-os o subconsciente, inconsciente... E porão o epitáfio:
AQUÍ YACE LA "GALEGUIDADE". ENTRE TODOS NOSOTROS LA MATAMOS Y ELLA SOLA SE MURIÓ. DESCANSE EN PAZ.
Firmado: Los notables y notabilillos del reino de espaÑa.

AGIL #2 20/Decembro/2007 AGIL

Uma pergunta (que ninguém responderá): Tanta é a obsessão pela morte neste país que essas instituições, "proprias de Galicia", não podem recusar? Não seria esperável que se ocupassem mais da vida do que da morte, da vida dos cidadãos "galegófonos", dos elaboradores da Cultura galega, que ainda vivem? Que fazem por eles? Apenas "normas" e edições seletivas?

charino #3 20/Decembro/2007 charino

Qué é o distingue Panteón de Galegos Ilustres do Panteón da Galeguidade. Non sabemos como se elexían nin como se elexirán os defuntos para este Panteón. Por exemplo, aqueles fundadores da Fundación Fraga Iribarne (pódese consultar doadamente en internet), como Ramón Villares ¿poderían xacer como galegos ilustres ou como aportadores á galeguidade? ¿Ou como as dúas cousas? ¿ademáis qué é iso da Galeguidade? Se é un galego ilustre pode non pertenecer á Galeguidade. En realidade iso da Galeguidade parece un programa da RTVG. Podíase propoñer "Panteón da linaxe de Breogán"

blogueirada #4 8/Xaneiro/2008 blogueirada

Sinxelamente ¡¡ PROTESTO !! eu non quero que lle cambien o nome a ese mausoleo colectivo. Comparto a opinión de AGIL. E diría máis "os mortos que vos queredes renomear gozan de boa saúde" deixémolos así. EN PAX. non a meneemos mási Villares. Non nos pasemos de orixinais e conserveos o que aínda nos identifica.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: