Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONSIDERA QUE 'ESA LUZ' NON É UNHA CANCIÓN ORIXINAL

A Academia do Cine retíralle a Tosar e Piti Sanz a candidatura aos Goya

Piti Sanz cualifica o sucedido de "esperpento", mentres que a produtora de Mataharis presenta a documentación que acredita que a canción cumpre con todos os requisitos.

Redacción - 19:55 19/12/2007

As bases da Academia do Cine especifican que para optar ao premio á mellor canción orixinal tanto a música como a letra han de ser orixinais e creadas expresamente para o filme, deben ser claramente audibles ao longo do filme e deben figurar nos títulos de crédito. Segundo La Iguana, produtora de Mataharis, Esa Luz, a canción composta por Piti Sanz e Luis Tosar, cumpre todas as condicións.

Así e todo, a Academia do Cine considera que non é unha canción orixinal. A razón que alude é que un verso da canción (Esa luz que me quema y nada que apague mi pena) aparece tarareado por un personaxe de La noche del hermano, un filme dirixido por Santiago García de Leániz hai dous anos e protagonizado por Iciar Bollaín e Luís Tosar. A Iciar Bollaín gustoulle a frase e propúxolle a Tosar que fixese unha canción a partir da frase para a súa próxima película, Mataharis. Así o fixeorn Tosar e Piti Sanz, e saíu un bolero.

Piti Sanz afirma estar tranquilo, pois a produtora de Mataharis xa procedeu a remitir á Academia a documentación que acredita e prova que Esa Luz é unha canción orixinalmente composta para o filme. Así e todo, admite estar moi sorprendido pola noticia cualifica o sucedido de "esperpento". Recoñece que lle fai ilusión acudir á gala e cantar alí a canción. En calquera caso, a noticia sorprendeuno traballando, pechado no estudio gravando a música para A noite que deixou de chover, que realiza xunto a Iván Laxe.


4,93/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Piti Sanz, co-autor da canción nominada aos Goya
Piti Sanz, co-autor da canción nominada aos Goya
Piti Sanz e Luís Tosar, nunha actuación do seu grupo The Ellas
Piti Sanz e Luís Tosar, nunha actuación do seu grupo The Ellas