A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas, considera que a "patrimonialización da Selección por un partido político" vai impedir que o proxecto "teña éxito".
Un nome: "Eu aposto por Tropas de Breogán, gústame moito".
Un prognóstico: "Para o Galiza-Camerún, un 1-0; e para o Galiza-Cataluña, 3-1. As mozas seguro que gañan".
A Selección: "Coido que o principal problema da Selección -que eu estou encantada de que xogue- é que está a ser patrimonializada por un determinado partido político, e isto o que vai provocar é que non vai ter éxito entre a sociedade; cando se converte nun símbolo político perde o seu espírito".
Se a Selección Galega está asociada a un determinado grupo de xente, cunha ideoloxía e unhas opcións políticas máis ou menos comúns, non é cousa de que "un partido a patrimonialice" se non que foi porque esa xente turrou para que saise adiante mentres que outras persóas, afíns a outros dous correntes políticas non facian ren, ou incluso poñían paos nas rodas.
A selección ou é de todos ou non será! Debe trascender un tempo e un goberno... debe ser un orgullo para as galegas e os galegos, para os nacionalistas e para os que non o son
Odio que falen desa cantinela que di que un partido se apropia dela.... apropiádevos dela tamén pois é vosa, o que pasa é que non hai interese. Eu aprópiome... é a miña selección.
E os que nom som nacionalistas para que querem umha seleiçom galega? "Una alegre selección regional", nom?