Os populares teiman en que todo canto museo ou centro de referencia financie o Estado se constrúa en Madrid, e comparan o proxecto para a Coruña co traslado da CMT a Cataluña.
"É un novo agravio do goberno de Zapatero á Comunidade de Madrid", afirmou xa hai días Antonio Beteta, senador madrileño do PP. Na súa opinión, a iniciativa de trasladar o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía até A Coruña implica "un veto á cultura científica de todos os madrileños e dos millóns de turistas que visitan cada ano a rexión".
Beteta atribuíulle directamente ao Secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, a idea deste traslado, e cualificouna de "compromiso e débeda de Zapatero cos nacionalistas", relacionando ademais este episodio co voto favorábel dos deputados do BNG aos orzamentos e contra a reprobación á ministra de Fomento. O senador do PP recordou ademais o que no seu día foi tamén un traslado criticado con belixerancia polo seu partido, o da Comisión do Mercado das Telecomunicacións a Barcelona.
Mentres, e aínda que evitaron criticar directamente ao PP madrileño, os responsábeis respectivos do PPdeG e do partido na Coruña, Alberte Núñez Feijoo e Carlos Negreira, coincidiron en apoiar a construción deste centro museístico na cidade herculina. Ao fío, pediron que o compromiso se cumpra "de verdade" e chamaron a aclarar se "o que van trasladar á cidade é todo o Museo ou só unha delegación". Recordaron ademais que de momento os propios coruñeses xa pagaron a sede, en referencia á cesión do edificio Prisma de Cristal, no Labañou, realizada pola Deputación da Coruña.
Por outro lado, o secretario provincial do PSdeG, Moisés Rei, afirmou esta fin de semana que as críticas do PP "son unha afronta á cidade e a Galiza, coa que se demostra, unha vez máis, que os populares non defenden os intereses da provincia". Ademais, destacou que o feito de que o goberno español seleccionara A Coruña como sede da entidade débese "a que esta cidade foi pioneira na implantación dunha rede de museos científicos" como a Casa das Ciencias, a Casa do Home (Domus) ou a Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae).
A ver como se come iso do papel que lle ten asignado o goberno do estado español A Coruña, mediante os seus investimentos, a instalación das delegacións ministeriais en A Coruña, etc. Os Galegos eliximos Santiago como capital. Alguén tería que dicilo xa, pois o que están facendo supón non recoñecer a vontade dos galegos. Santiago para a Xunta e A Coruña (fódete Paco) para o Estado
Pois eu prefiro que as actuacións do estado vaian para coruña e que deixen a compostela para os galegos.
Co PP os galegos recibimos moitas visitas de politicos para pedir o voto e moitas promesas (Plan Galiza), pero logo as inversions para os Madriles, e para os galegos boicots coma o do estatuto, propostas contra a nosa lingua, e criticas a proxectos estatais instalados aqui coma e o caso deste.
Pero os galegos deben saber que o centralismo supon menos Galiza e mais Madrid, e os galegos vivimos en Galiza non en Madrid. Os madrileños, igual que catalans,vascos,andaluces ben saben defender os seus intereses. Agora so falta que alguns galegos desperten e empecen a traballar por Galiza, para que deixemos de estar na cola e de ser un pobo emigrante.
Os comentarios 1 e 2 sí que lle prestarían a Paquito Vázquez, iso sí que é localismo rancio...
Nom me explico como podem desempenhar um cargo público tamanha tropa de infantiloides... pero bom, a politica madrilenha em geral é um chiste de lepe.
E nom estou a dizer que só a madrilenha)
Se fora construir unha praza de touros non só votarían a favor senón que até poñerían cartos do seu peto.
O problema, se calhar, é que para o PP espanhol a Galiza só é espanhola à hora de arrecadar votos e de encher o bandulho de marisco.
Roixordo, non se trata de rancio localismo, senón de saber onde está a vontade dos galegos. Situando todas as delegacións do Estado en A Coruña, non en Lugo, Ourense, Santiago, Vigo, Lalin, etc... un museo, un instituto criminalístico, estase a considerar A Coruña como capital de Galicia, e non Santiago. Iso non é localismo iso é colonialismo, por decisión do PSOE e de Paco Vazquez.