Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II Certame de Recolla de Tradición Oral

De cantares ou lendas: protexe e difunde o patrimonio

A asociación Ponte nas Ondas convoca a segunda edición dun concurso nado para estimular a recuperación e coñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués.

Redacción - 11:30 26/12/2007

Na procura de achegar ás novas xeracións a nosa cultura tradicional "para evitar rachar a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen", creouse o Certame de Recolla da Tradición Oral, que chega agora á segunda edición. Anímase así ao alumnado de todos os centros educativos de Galiza e Portugal, de Infantil até a Universidade, a participaren nesta iniciativa.

"As xeracións que somos, por idade, depositarias destes saberes, temos a obriga de transmitirlles este patrimonio cultural ás novas xeracións", reflexionan desde o colectivo Ponte nas Ondas. Con este certame queren axudar ademais a que os centros de ensino continúen co labor desenvolvido a pé do impulso da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués "e contribúan á dinamización, promoción e transmisión daquelas expresións aínda vivas da tradición oral galego-portuguesa.


O prazo para a recepción dos traballos remata o 1 de maio de 2008.


Asina aquí polo patrimonio


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: