Chegou unha recomendación a Vieiros... chamémoslle Camaróns á selección rival dos galegos este 27-D en Balaídos. Como o vedes?
Ao parecer o termo Camerún ou Cameroun (en español e francés, respectivamente), vén do portugués Camarões, que se refire aos crustáceos da orde dos decápodos, (mariños ou de auga doce) que, na altura na que os portugueses chegaron a África, pescaban por milleiros os habitantes daquela terra.
En 1472, o mariño portugués Fernão do Pó entrou coa súa embarcación a través do estuario do río Wouri, e abraiouse ao ver a abundancia destes pequenos crustáceos na auga que os envolvía; daquela chamoulle ao río que navegaban Río dos Camarões, e daí saíu o nome da República de Camerún, de Cameroun, ou dos Camaróns.
Na web d@s Siareir@s Galeg@s hai ben tempo que o rival da selección absoluta masculina é Camarons. Como o vedes vós?
Homem, caistes da burra! Parabéns.
Pois sim, a cousa está bastante clara, a nom ser que queiramos continuar a depender das formas que escolhe o espanhol.
Segundo o Manual galego de língua e estilo, recentemente publicado (p.376):
País: Camarons (os)
Capital: Iaundé
Gentílicos: camaronês (m.) / camaronesa (f.)
Camarons é o nome galaico-luso, nom tem mais complicaçons. Que em Espanha se diga Camerum é cousa das suas filio-fobias galas... cousa que nom me compete, em opiniom pessoal.
Se son camaróns (vale, camaroneses --> semella italiano), por que carallo se fan chamar os leóns? Un camarón pode impoñer respecto tamén... :-)
#4 Diz-lho ao Bush, que decerto se atragoaria com um destes eliciosos crustáceos ;)
camarón que se duerme... chega tarde aos partidos.
Percebes*-1-Camaróns-1-
Boa mariscada
(*Percebes que somos galegos?)