As empresas americanas adoptan máis de bo grao as tarxetas de felicitacións electrónicas, que son, polo xeral, máis baratas
Snowglobe
Iso fomenta a innovación como acaba de facer unha axencia de publicidade que encerrou durante varios días a un empregado (co seu consentimento) nunha snowglobe xigante (burbulla das que ao sacudilas cae a neve). Unha webcam difundía as imaxes en tempo real. Foi dabondo enviar unha ligazón a 400 persoas para que o vídeo se atope en varios programas de televisión e sobre Youtube. 450.000 persoas vírono no seu ordenador. Excelente promoción para unha axencia de publicidade.
O artigo suliña que as felicitacións enviadas en LinkedIn ou en Facebook (de moda este ano) non son máis que unha ocasión suplementaria de facer negocio.