Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
PREMIOS DA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN

Seis galardóns para o activismo cultural galego en Catalunya

"A Galiza global" de Foro Cívico Galego, "Vento do Leste" da Federación, o programa de radio "Galiza algo máis" e a arte de Miguel Ares e de Anxo Baranga.

Xabier Paradelo - 14:00 26/12/2007

A Secretaría Xeral de Emigración convocou este ano diversos premios co gallo da "promoción da realización de actividades culturais e artísticas no seo das comunidades de galegos residentes no exterior, contribuíndo á súa dinamización cultural e á súa integración na vida social, artística e cultural de Galicia". Se cadra esta convocatoria non deu promoción ao que xa estaba feito por pulo propio da galeguidade no "exterior", pero si que lle deu azos e gabou o labor feito, que non é pouco. E o traballo feito pola comunidade galega en Catalunya levou un tercio dos dezaoito premios convocados.

O dous premios convocados á mellor revista editada polas entidades galegas no exterior foron para Barcelona: o primeiro para RENOVA GALIZA: - Monográfico "A Galiza global: As galegas e os galegos no mundo", de Foro Cívico Galego, e o segundo para Vento do Leste da Federación de Entidades Galegas en Catalunya.

Na modalidade radio e televisión do premio de comunicación, o programa de Radio "Galicia algo máis" acadou o segundo premio. O programa, integrado en ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), emítese todos os sábados de 17 a 18 h na emisora Sants3 Radio de Barcelona.

O galego afincado en Terrasa Miguel Ares Rodríguez levou dous premios: o primeiro premio de deseño de carteis con A Galicia emigrante: todo corazón, e o segundo da modalidade de fotografía dixital con Tórax dun galego emigrante.

E o pintor e actor barcelonés Anxo López Baranga foi galardoado co primeiro premio de Belas Artes na modalidade de pintura polas obras Gardiana do Salitre I e Gardiana do Salitre II, que formaban parte da exposición Eu tamén navegar.


2.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Portadas de "Renova Galiza" e "Vento do Leste"
Portadas de "Renova Galiza" e "Vento do Leste"
Foto do estudio de "Galicia algo máis" (Fonte: ERGAC)
Foto do estudio de "Galicia algo máis" (Fonte: ERGAC)
Cartel e fotografía dixital de Miguel Ares (Fonte: galiciaaberta.com)
Cartel e fotografía dixital de Miguel Ares (Fonte: galiciaaberta.com)
Gardiana do Salitre I e II, Anxo Baranga (Fonte: galiciaaberta.com)
Gardiana do Salitre I e II, Anxo Baranga (Fonte: galiciaaberta.com)