Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CHEGOU O 27-D

Quedan as mulleres do fútbol galego nun segundo plano?

Mentres as futbolistas adestran ás ordes de Pili Neira, chegan críticas sobre o partido das mulleres, que parece ser tratado coma un segundo prato.

Redacción - 18:00 27/12/2007

Dous anos após a recuperación da selección masculina, había unha débeda coas mulleres do fútbol galego que se saldou este ano co debut da tropa de Pili Neira fronte a Cataluña. Mais para moitos colectivos e asociacións, con facer un partido non chega.

A Assembleia de Mulheres do CS A Revolta de Vigo, vai desenvolver unha campaña co lema "Mete-lhe um gol ao machismo" para protestar pola pouca relevancia que se lle está a dar ao encontro da selección feminina fronte Cataluña.

Para a esta asociación, o partido das mulleres é considerado coma un segundo prato, fronte ao dos homes, que son, segundo contan nun seu comunicado, "os protagonistas de sempre".

"O merecido espazo das mulleres"
Para a Assembleia de Mulheres do CS A Revolta a estrea da selección absoluta feminina (así como das sub-16 e sub-18, que tamén debutan o 27-D), debera ter un día de seu, unha data específica e propia, separada da dos homes.

Por outra banda tamén lembran que quen asista ao encontro das mulleres vai ter que ficar até o seguinte partido, o dos homes, posto que o xogo foi declarado "de máximo risco". Esta medida vai impedir que a xente que queira ver o partido das mulleres (que comeza ás 18:30 horas) non poida saír até que comece o Galiza-Camerún.

Neste sentido, a asociación critica e rexeita a "este modelo de xestos institucionais que non fomentan, nin a participación activa da sociedade nin o recoñecemento e visibilización das mulleres".


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: