Derradeiro quere dicir moito máis que
último.
Os Cempés despedíronse do seu público cun concerto final en Ferrol, a súa terra, na praza de Amboaxe, baixo unha carpa que disimulou o frío do Nadal. Frío fóra, pero calor dentro para despedir a unha das formacións máis importantes do folk galego dos últimos anos. Pouco a pouco, paseniño, tocando en canta festa e local os reclamou, foron facendo un nome no país. Aí queda o
Sara, Sariña e catro discos (
¡¡Opa iii!!, Capitán Re, Circo Montecuruto e Moe a moa) nos seus 13 anos de traxectoria.