A área de Normalización Lingüística prepara unha normativa para darlle presenza real á lingua do país no consistorio.
A área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten xa elaborado un anteproxecto no que se cualifica o galego como a lingua propia da administración e á vez preferente. Segundo a propia concelleira da área, Emitas Valencia, o obxectivo do borrador é dar “medidas e pautas” para os traballadores e lograr unha presenza real do idioma do país. A iniciativa pode entrar en vigor no primeiro trimestre de 2008.
O borrador da ordenanza contempla que o Concello terá que redactar formularios, rótulos de despachos, cuños e impresos en galego. O persoal municipal empregará o galego como primeira lingua, agás que o cidadán demande expresamente ser atendido en castelán.
Traducción del "politiqués" al castellano: el Concello de La Coruña va a imponer a los coruñeses el gallego como única lengua del Concello, en vez de apostar por las dos lenguas cooficiales. Otro atropello más de los nacis que, en su intento por emular al dictador Franco, cada día se parecen más a él.
Sugerencia para todos los ciudadanos coruñeses, que son gran mayoría, que desean mantener la comunicación con el Concello en castellano: QUE LO SOLICITEN EXPRESAMENTE CADA VEZ QUE EL CONCELLO SE DIRIJA A ELLOS EN GALLEGO.
El gasto en papel y tiempo de los funcionarios va a ser descomunal. Y todo debido al gusto por la imposición totalitaria de los nacis del Concello...Pues se van a joder.
Creo que é unha boa nova para o desenvolvemento do galego nas administracións coruñesas que tanta falta facía. Parabéns a tódolos coruñeses, incluídos ós que nunca falan galego... terán motivos para aprendelo e a súa cultura incrementarase.
ai Paquito vazquez! moito tenche que estar jodendo a úlcera.. por certo Gaviotero, .. a ti tamén. jijiji..
Levan SEIS MESES para elaborar un "anteproxecto".Despois se fala de "pode entrar en vigor no primeiro trimestre do 2008".Pero isto que é? Non está regulado xa por lei?Que se cumpla e punto.Toda Coruña segue castelanizada: Rótulo da entrada a cidade na Avda Alfosno Molina: La Coruña.Iluminación Nadal: Felices Fiestas, etc, etc.Tanto tempo esperando un cambio de goberno, para isto!
A ver, hom, a ver. Que são horas... Seis meses? Levam 40 anos...
Gaviotero, isto é de xustiza, ¿non?
Tantos anos impoñéndonos dende o Concello o castelán como lingua única, estarás de acordo en pasar outros tantos anos á inversa, ¿non?
Por que claro, ata agora non apareceras protestando...
Tranquilo, Gaviotero, a pesar dos teus esforzos por manipular a realidade, isto simplemente será un pasiño para que o galego se utilice "un pouquiño". Moitos anos terán que pasar para que a súa se consideración neste Concello se achegue ao castelán.
Pero os que ben queremos o galego caracterizámonos por termos unha paciencia infinita, a diferencia dos Gavioteros que de cando en vez aparecen.
xoselado, el problema por el que arrancan pero no es que los refidores coruñeses saben perfectamente que la gran mayoría de los coruñeses son castellanohablantes y rechazan el uso excluyente y fascistoide del gallego que pretenden los bloqueiros con el apoyo, porque no les queda otro remedio para seguir chupando del presupuesto, de los socialistas coruñeses.
xavo, no creo que las injusticias se corrijan con otras injusticias. Creo que las injusticias se corrijen únicamente con Justicia.
Ao Gaviotero só lle interesa corrixir as inxustizas que non lle gustan. As que lle gustan, prefire que non se corrixan.
De tódolos xeitos, qué se pode esperar de alguén que alcuma de "nacis", "emuladores del dictador Franco", "fascistoides", "proetarras", e outras da mesma calaña, a quen non opina coma el.
Estou comezando a pensar que o que dixo alguén por aquí, que o Gaviotero é un axente de Vieiros para animar a web, está moi ben encamiñado.
Se non é así, está claro que é alguén con moito tempo libre, con poucas cousas que facer, e tremendamente aburrido. Só así se explica tanta reiteración e afán de protagonismo.
Queda claro que o gavioteiro ten coma única fin activar estes foros; ou é de Vieiros (que non o creo), ou é algún de nós (que coido que si, porque xa sei doutros casos con esta dinámica) coa fin de que os interesados pola cultura e a nosa benquerida e digna lingua non nos desanimemos á primeira de cambio en pular polos dereitos da nosa terra, e sigamos deseguido participando con novos argumentos a prol da nosa cultura.
Estou plenamente dacordo con Gavioteiro, pois deste xeito podemos as xentes de ben expremer os nosos miolos para ter conta da nosa identidade, da nosa cultura, da nosa lingua, da nosa terra, da nosa nación...; xa que logo, parabéns ao Gavioteiro por darnos esa picada que moitos de nós precisamos para desenvolver novos e máis ricos argumentos cos que nos defender ante os ataques rancios e pobres, vulgares e necios que dende hai moitos anos vimos a recibir dende España. Grazas, pois con participacións como as túas, aprendemos a respectar e valora-lo propio, o noso. Unha aperta Gaviotero; e parabéns tamén para os Coruñeses, que van te-la oportunidade de coñeceren a súa cultura, a súa língua, desta volta, co apoio consistorial.
Bicos a todos.