Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Até 71 liñas funcionarán estes días

Esta fin de ano: noitebús

Ao fío, achegámosvos esta divertida curtametraxe argallada por Suso Lista e Omar Rabuñal, inspirada no Noitebús.

Redacción - 09:30 28/12/2007


Hai xa un golpe de rotas que veñen funcionando durante todo o ano, pero co Nadal despréganse algunhas máis para atender a masiva mobilización da mocidade no contorno de diversas zonas de lecer en todo o país.

Coa fin de garantir a seguridade nos desprazamentos nocturnos e especialmente nestas datas, serán nos próximos días até 71 liñas as que estean en funcionamento. O prezo da viaxe para toda a noite: 2 euros. Na web da Consellaría de Política Territorial poden atopar todos os horarios e rotas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: