Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
TROCO HUMANITARIO

Kirchner viaxa a Colombia para garantir a vida dos reféns das FARC

O ex presidente arxentino e o ministro de Exteriores partiron este xoves cara á selva colombiana, no marco do operativo para a liberación de tres dos cativos en poder da guerrilla. Unha crónica de Débora Campos.

Débora Campos - 10:40 30/12/2007
Kirchner subindo ao avión, acompañado do ministro de Exteriores, Jorge Taiana

Kirchner subindo ao avión, acompañado do ministro de Exteriores, Jorge Taiana

O ex presidente da Arxentina Néstor Kirchner viaxaba este xoves pola tarde con destino a Caracas, co propósito de integrar a comisión que participará na selva colombiana do rescate de tres reféns das FARC, en tanto que a súa dona e presidenta do país austral, Cristina Fernández, eloxiou a "solidariedade" do seu home.

Kirchner partiu en compañía do ministro de Relacións Exteriores Jorge Taiana, e outros colaboradores, desde o sector militar do aeroporto doméstico da cidade de Bos Aires, ás 14.40 deste xoves, a bordo do avión Tango 01. Antes de subir ao avión, o ministro dixo que emprenden a misión "con moita expectativa e optimismo".

O ex presidente ten previsto participar no operativo de liberación de tres reféns que están en mans da guerrilla colombiana das FARC. Pola súa banda, a presidenta Cristina Fernández de Kirchner cualificou hoxe de "exercicio de cooperación e solidariedade" a acción que emprenderá Néstor Kirchner.

Exercicio de solidariedade
Ao participar dun acto nun casal de chabolas chamado La Cava, na periferia norte da capital arxentina, a Presidenta dixo que Kirchner "vai partir a Colombia, tamén nun exercicio de cooperación e solidariedade, con outro tipo de sufrimento, con outro tipo de dor".

En tanto, Taiana afirmou que cando cheguen pola noite a Caracas "seguramente teremos un encontro coas autoridades venezolanas, para ver os detalles e arranxos loxísticos, e as condicións climáticas" da zona. Nese sentido, Taiana dixo que, xunto ao ex presidente, viaxan "con todas as garantías que brinda a Cruz Vermella e o goberno de Colombia, e os que estiveron involucrados" no operativo.

Segundo está previsto, Kirchner e Taiana, xunto con funcionarios de Venezuela, Cuba, Bolivia, Francia e Ecuador partirán este venres de Caracas rumbo a Villavicencio, en Colombia, desde onde se dirixirán en helicóptero a un lugar da selva colombiana onde as FARC liberarán a Clara Rojas, o seu pequeno fillo Emmanuel e a ex congresista Consuelo González.

Recoñecemento a Chávez

Á súa vez, o xefe de Gabinete da Arxentina, Alberto Fernández, destacou o papel do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, no deseño do operativo de liberación de tres reféns, e sostivo que a participación arxentina ten só "un sentido humanitario". Engadiu: "Chávez é o que está permitindo a liberación desta xente e traballou para iso".

Nese sentido, aseverou que a Chávez "hai que llo recoñecer, porque está permitindo que un grupo importante de xente inexplicabelmente secuestrada na selva colombiana volva recuperar a súa liberdade". Dixo que a participación arxentina "ten claramente un sentido humanitario" e aclarou: "Non estamos discutindo ningunha outra cousa que non sexa a posibilidade de que esta xente recupere a liberdade".

Maleta polémica
Por outra banda, Fernández foi consultado sobre se para o goberno existe relación entre o compromiso que Arxentina adoptou en favor da liberación dos reféns co caso do cidadán venezolano Guido Antonini Wilson (quen intentou ingresar no país unha maleta con 800 mil dólares), e a reacción do goberno de Estados Unidos. "Todos coñecen o interese que ten Estados Unidos no combate frontal, o Plan Colombia, á guerrilla colombiana e paréceme que é posible que todo iso teña algunha lóxica", contestou o xefe de Gabinete.

Neste sentido, lembrou que "cando vimos a actitude de EEUU no caso Antonini Wilson entendemos que era parte dunha reacción a unha serie de cousas: o Banco do Sur, a relación con Venezuela, o forte compromiso de Cristina en traballar para a liberación de Ingrid Betancourt e os demais reféns".

Sobre o papel que cumprirá Kirchner no operativo de rescate dos reféns, Alberto Fernández dixo que "a súa presenza garante a integridade física das persoas que son reféns e das afectadas á acción ou operativo do troco humanitario".


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (6)

COUTOVEN #1 30/Decembro/2007 COUTOVEN

Non estou seguro se existe un erro na noticia cando sinala que o ex presidente da Arxentina Néstor Kirchner viaxa a Colombia para unha cuestión de reféns ou mellor dito secuestrados polo grupo terrorista das FARC.

Manifesto a miña estrañeza ao respecto xa que ningún dos secuestrados a ser entregados ou en mans desta narco-guerrilla é de nacionalidade arxentina.

Non sorprenderíame de nada se pola contra estivese por eses lados o presidente de Francia o señor Nicolás Sarkozy xa que un dos reféns é Ingrid Betancourt a cal detenta a nacionalidade francesa, aínda que certamente non é un dos secuestrados a ser entregados.

Moito máis sorprendente é que o señor Kirchner este en Colombia cumprindo funcións de garante de non sei de que. Cando en Somalia atópase a cidadá Pilar Bauza a cal é ARXENTINA e certamente foi secuestrada mentres facia unha verdadeira labor humanitaria en nome dos máis necesitados. (Organización Médicos sen Fronteiras)

Que retorcidos criterios pode ter Kirchner para asumir esta conduta disociada. A resposta pode estar no escándalo da famosa maleta con 800.000,oo dólares que un cidadán de nome Guido Antonini Wilson levaba á a Arxentina desde Venezuela nun voo privado contratado por ENARSA (INDUSTRIA PETROLEIRA ARXENTINA). Pequeno detalle que non comenta para nada o xefe de Gabinete da Arxentina, Alberto Fernández cando pregúntalle a xornalista que redacta esta noticia.

Resulta que hoxe en día hai fortes indicios que sinalan que os 800.000,oo dólares eran para a campaña de Cristiana Kirchner e tanto Chávez como o alto goberno arxentino non achan que inventar para tratar de tapar este escándalo. Non só permítese que Guido Antonini Wilson aborde un avión contratado por unha empresa do estado arxentino. Senón que de paso é acompañado por altos funcionarios da industria petroleira Venezolana. E nos queren meter o conto que non sabían nada?

Se é tan grave o delito do Sr. Wilson Por que non foi detido de forma inmediata? Déronlle tempo suficiente para que pasease polo palacio de goberno arxentino (casa rosada) onde departiría cos bos samaritanos que permitíronlle abordar un avión privado desde Venezuela e para facerlle máis fácil as cousas saíu por un aeroporto Arxentino sen ningunha dificultade. Imos crer que está ben que estivese en liberdade mentres se substancia o expediente. Pero non ter prohibición de saída da Arxentina é moi pero moi estraño?

É vergonhoso ver como adícanse horas nun espectáculo onde convértese nun circo a desgraza humana non faltando ata un director de cine norteamericano como Oliver Stone que non sei se será garante do intercambio humanitario. O que se estou seguro que se encargase que non falten os mellores ángulos de cara de Hugo Chávez. Tamén deberon convidar a Spencer Tunick (especialista en espidos grupais) para que o intercambio sexa en pelotas demostrando desa maneira que todos somos iguais cando vestímonos no traxe de Adán. Por certo dudo moito que Piedad Córdoba quitese o seu turbante para a foto.

O feito é que os días e as horas pasan e o presidente de Venezuela dedica máis e máis tempo a cultivar o seu perfil internacional. Mentres os traballadores do campo venezolano son vítimas do secuestro e a vacina. Non hai leite, ovos, azucre e caraotas negras nos andeis dos abastos. Os fins de semana son unha parte de guerra onde morren máis e máis venezolanos. Nos hospitais non hai medicamentos e hai un déficit de profesionais polos miserables soldos que paga o goberno aos funcionarios públicos. O dengue acada proporciones epidémicas en moitos estados da nación. O feito é que en 9 anos de goberno cos maiores ingresos económicos da súa historia. En Venezuela o único que prosperou é a pobreza e a intolerancia.

Ojala todo este espectáculo conclúa coa liberación destas persoas, independentemente que para tal fin teñan que formar parte do circo montado por Hugo Chávez co diñeiro de todos e cada un dos venezolanos.

pampeiro #2 31/Decembro/2007 pampeiro

Sí,Coutoven,trátase do Kirchner,o meu ex-presidente fazendo o Rambo ou o Sarkozy ó rescate dos reféns das FARC nas selvas colombianas.Tén que fazer algo xa que agora está xubilado e a que traballa é a súa señora (é a presidenta).Os medios arxentinos están dandólle bastante repercución ó asunto cando denantes non sabían nada das FARC,nin de Marulanda e compaña.Feliz Aninovo!!!

pampeiro #3 31/Decembro/2007 pampeiro

Qué o Kirchner ceibe ós reféns das FARC en Colombia !!! E que a súa muller nos ceibe da inflación en Arxentina !!! Feliz Aninovo !!!

COUTOVEN #4 31/Decembro/2007 COUTOVEN

Feliz Ano novo pampeiro. Unha pregunta. Se secuestran a Kirchner en Colombia Canto cre vostede que tería que pagar o pobo arxentino polo seu rescate?

pampeiro #5 31/Decembro/2007 pampeiro

Non sei,Coutoven,o que estaria disposta a pagar a sua muller.Quizais xa teña un acordo co Marulanda para deixalo Kirchner uns dez anos na selva colombiana,Ja !ja!ja!

COUTOVEN #6 31/Decembro/2007 COUTOVEN

Interesante resposta compañeiro PANPEIRO.

Que magoa que en Venezuela a ex primeira dama María Isabel (ex de Chávez) se obstinara antes que o pobo do seu insufrible marido.

Só imaxínese. Se os venezolanos apagan a televisión cada vez que inicia un dos seus discursos en Venezuela que quedaba para a súa pobre muller ao ter que escoitalo todo o día. Con razón se divorciaron. Cantas veces lle terá dito. Por que non che calas? E despois cren que Juan Carlos foi o primeiro.

Eu asegúroche que se Cristina fala con María Isabel seguro conseguen que Marulanda quede con Hugo e Nestor. Pero non che sorprenda que ao mes estéannos pedindo millóns de dólares baixo a ameaza de devolvelos.

Feliz Aninovo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: