Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Falece o ex conselleiro Xosé Cuíña

"É o mellor conselleiro que puiden ter"

En declaracións á Radio Galega, o ex presidente Manuel Fraga destacou o labor do ex conselleiro nos gobernos liderados por el mesmo e dos que formou parte o político dezao.

Europa Press - 12:28 28/12/2007
Tags: cuíña

O ex presidente da Xunta e actual senador do PP, Manuel Fraga, lamentou hoxe a "mala noticia" do falecemento do deputado do PP e ex conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, e destacou sobre a súa figura política que sempre mantivo "a súa personalidade e a súa lealdade a Galiza e ao partido" cando atravesaron "momentos difíciles".



Preguntado por episodios como a crise do PP que en setembro de 2004 puxo ao partido ao bordo a ruptura, Manuel Fraga reafirmouse en que "sempre" mantivo co que foi o seu 'delfín' político "a mellor relación persoal". Como proba da relación persoal que aínda o seguía unindo a Cuiña, o presidente fundador do PP subliñou que estivo a "comer na súa casa fai apenas unhas semanas", polo que mostrou o seu "sentimento profundo, por el, pola súa amizade, pola súa familia e por Galiza".



Manuel Fraga lembrou os "moitos anos de traballo" do político natural de Lalín (Pontevedra) e definiuno como "un home eficiente" nos anos que estivo no seu gabinete dende 1989 ata 2003.



O ex presidente da Xunta durante case 16 anos trasladarase nas próximas horas a Galiza para poder darlle o pésame en persoa aos familiares de Cuiña e asegurou que confía en poder asistir ao seu funeral se se confirma que terá lugar esta fin de semana.


3.67/5 (3 votos)