Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
9 DE FEBREIRO NO TEATRO JOFRE

Os premios de cultura do Ministerio entregaranse en Ferrol

Manuel Vilariño recibirá o Premio Nacional de Fotografía e Rubén Ruibal o de Literatura Dramática.

Redacción - 11:00 30/12/2007

Será a primeira vez que todos os premios nacionais, que outorga o Ministerio de Cultura, se entreguen nunha cerimonia conxunta. O 9 de febreiro, no Teatro Jofre de Ferrol estarán 23 dos premiados, e só faltarán os da categoría de cinema, que tradicionalmente se entrega en Donosti, e o de banda deseñada, que ten como escenario Barcelona.

Entre os premiados, dous galegos: Rubén Ruibal, que obtivo o premio de Literatura Dramática, e Manuel Vilariño, que recibirá o de Fotografía.

O premio das Letras foi para Ana María Matute; o de narrativa, para Vicente Molina Foix; o de poesía, para Olvido García Valdés; o de Teatro, para Juan Antonio Mayorga; o de Música, para Jorge Fernández e Miguel Poveda; o de Danza, para Carmen Werner e Manuela Carrasco; o Premio Calderón de la Barca, para Francisco Jesús Becerra Rodríguez; o de Artes Plásticas, para Isidoro Valcárcel Medina; o premio ao Mellor Labor Editorial Cultural, para Ediciones Hiperión; o de Literatura Infantil, para Jordi Sierra i Fabra; o de Ensaio, para José María González García; o de Historia, para Luis Gil Fernández; e o de Circo, para Francisco Tébar Honrubia.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: